O proceso de fabricación da incubadora

Neste Blog  vos contamos de cómo se fixo esta incubadora, na clase de electricidade e electrónica da FP Básica do CIFP Ferrolterra

Xa naceron os pitiños

Onte dia 3, xa naceron case todos os pitiños. Agora quedan poucos por nacer, e xa levamos 30 nacidos. 

Agora pasaron á nacedora, onde están xa con auga e comida, xa que e fundamental que coman e beban o primeiro día. 

Hoxe estaremos presentando o proxecto na Maker faire Galicia, e ahí podedes entrar e apuntarvos a adoptar un pitiño. 

Chegou o día 18 de incubación

  Xusto 3 días antes do día esperado de eclosión (neste caso o día 4 de Xuño), hai que retirar o volteador, baixar un pouco a temperatura aos 37,5 º ou algo menos e poñer os ovos listos para eclosionar nunha bandexa. 

   Polo tanto hoxe e o derradeiro día que estarán no volteador, porque xa non precisan del. Ademáis, aproveitamos para facer as probas de transmisión en directo da imaxen do interior da incubadora. Se por casualidade estades vendo neste intre a nosa páxina, poderedes ver os ovos ainda no volteador

   

Comenza unha nova incubación

  O pasado día 13 de Maio comenzamos unha nova incubación, tamén con ovos de raza Mos. Acendimos a incubadora a última hora do día 13, polo que os pitos nacerán moi posiblemente entre o día 3 e o 5 de Xuño.

 

Maker Faire Galicia 2021 - La mayor feria maker de España

 

    Como sabedes, imos a representar ao noso instituto na Maker Feire Galicia, así que como temos 21 días de espera pola incubación, para nós xa comenzou a exposición.  Está prtevista unha exposición virtual por mor da pandemia, asía que nós temos pensado a retransmisión en streaming  do nacemento dos nosos pitiños. 

   A partir destes días, estade atentas, que vos informaremos de cómo vai todo o proceso de incubación neste blog. 

 

A Entrega dos Pitos aos adoptantes

   Este pasado Xoves , xa fixemos a entrega oficial a todas aquelas persoas que se brindaron a levar en adopción a un dos pitiños. 

Moitas grazas a todas elas. E tamén grazas a BOAGA, a federación galega de asociacions de razas autóctonas (https://boaga.es/), onde está AVIMOS, a asociación de criadores de raza galiña de Mos. Grazas porque nos apoiaron no acto da entrega cuns obsequios para os participantes. 

Entrega2.jpg

   A entrega se fixo en dúas quendas, xa que coma e lóxico tiñan preferencia os adoptantes do propio equipo de traballo que fixo a incubadora

Entrega 4.jpg

Entrega3.jpg

 

    E logo veu o resto das persoas apuntadas a polo seu pitiño, onde ademáis levaron con eles unhas informacions sobre  a raza Galiña de Mos. 

entrega1.jpg

 E logo, unha vez acabado o acto, a clase. Iso si, volvimos a clase cos pitiños. Foi a súa primeria sesión nas aulas, onde se mostraron moi espabilados

Pitiños na clase.jpg

 

Lamentablemente, non houbo pitiños para todos os aspirantes, o cal indica que foi un éxito de convocatoria pero nos quedamos con ese mal sabor de boca de decirlle a xente que se tiñan xa esgotados, asi que decidimos, se as circunstancias o permiten, facer unha nova incubacion no terceiro trimestre. 

  Xa vos iremos informando

 Moitas grazas a todo o equipo, a dirección do centro que nos facilitou moito as cousas a BOAGA e por suposto as persoas que adoptaron os pitos.

¡ Somos pitiños de raza !

  Os nosos pitiños, non son de ningunha estirpe industrial, que xa sabedes que es tan enfocadas únicamente á producción. Son de Galiña de Mos. Esta e a única raza autoctona galega recoñecida oficialmente, co seu primeiro patrón de raza establecido xa no ano 1936. Esta raza estivo a piques da extición pero foi recuperada nun proxecto de BOAGA. 

Galiña de Mos AVIMOS 02_tcm30-114377.jpg

Galiña de Mos AVIMOS_tcm30-113545.jpg

  Polo tanto, xa sabedes, con este proxecto tamén temos contribuido a conservación da nosa raza autoctona de Galiña de Mos. Se queredes saber más sobre esta raza aquí tedes más información nestas ligazons:

Catalogación oficial do Ministerio

Páxina oficial de AVIMOS

Páxina oficial de BOAGA (Razas autóctonas galegas)

Os primeiros dias de vida

 Nestes días, logo de nacer, os pitiños estiveron moi ben coidados polos seus "pais" adoptivos, os nosos alumnos. Non lles faltou de nada, nin auga, nin comida e como vedes tampouco estiveron faltos de agarimo: IMG_20210317_120402.jpg.1

IMG_20210317_120425_1.jpg

   Así que agora coma chegou o fin de semana e estaban moi estresados, fóronse a pasar a ponte nunha casa de "turismo rural" a cargar as pilas para a vindeira semana, na que xa estarán moito máis fortes e os levaran os voluntarios e voluntarias para seren adoptados. 

   Moitas gracias a toda a comunidade educativa do CIFP Ferrolterra, que se involucrou moito co proxecto. Tanto foi así, que temos xa moitoas mais candidaturas para a adopción que pitiños. Asi que teremos que facer a semana que ven un sorteo para repartilos. Estade atentas ao correo e as vindeiras novas nesta páxina. 

Chegou o dia 21 e naceron os pitiños

Aos 21 dias de incubación, deben nacer os pitiños. E Así foi, xusto o dia 21 ou mesmo nas últimas 24 horas case todos os pitiños foron que de nacer

IMG_20210316_155446.jpg

  E según foron nacendo os fumos pasando para unha nacedora (caixa termostatizada), pois deben estar uns dias a unha temperatura parecida á da incubación. 

  IMG_20210316_155453.jpg

 

  Dese xeito, tan só quedaron uns poucos rezagados para a tarde que foron nacendo puoco a pouco. Ao final, de 46 ovos, 5 foron non viables, e dos viables 3 non chegaron a nacer, así que a nosa incubadora acadou nada mais e nada menos que unha porcentaxe de efectividade do  ¡¡¡ 92 % !!!

IMG_20210316_155441_1.jpg

 Ahí quedou instalada a incubadora e a nacedora no vestíbulo do instituto, co seu mural explicativo, obra de Judit, quen se fixo tamén cargo da demandada lista de adopcións. Xa case hai tantas voluntarias e voluntarios para adoptar coma pitiños. 

   Parabéns a todo o alumnado de FP Básica de electricidade, que neste martes 16 foron ("pais e nais").

 

Quitando os ovos do volteador

    Chegou o día 17 de incubación, e a estas alturas, xa non fai falta o volteador automático.  Os ovos pasan a unha bandexa ate o dia 21 de incubación para poder eclosionar con comodidade

IMG_20210312_143659.jpg

  Pero non pasarán todos os ovos, xa que aquí temos que seleccionar e eliminar os ovos que non foron fecundados, ou  que o embrión por calquera causa non se desarrollou. Para facer ese cribado, utilizaremos un ovoscopio, que non e máis que unha luz potente que pasa a través do ovo, de xeito que cando hai embrión, poderemos ver claramente a cámara de aire: 

IMG_20210312_143147_1.jpg

 

IMG_20210312_143136.jpg

 

 Ao final, tivemos unha boa porcentaxe, xa que de 46 ovos só tivemos de rexeitar 5 deles 

IMG_20210312_143953.jpg

A calibración de temperatura e humidade

Para controlar a humidade e temperatura, os respectivos controis electrónicos que instalamos teñen os seus sensores. No caso da temperatura, utilizamos unha sonda tipo PT-100, que ten bastante exactitude. Para a humidade e temperatura de alarmas, usamos o DTH22. 

Pero antes de continuar co proceso, hai que verificar que esas medidas son correctas, xa que a variabilidade propia dos sensores e dos circuitos electrónicos. Para facer esta calibración, utilizamos un termómetro de alchool de precisión e un higrómetro externo, co que comparar os datos que vemos na nosa incubadora

IMG_20210226_135727.jpg

  A humidade non estaba moi exacta, pero o que importa mais, a temperatura puidemos leer no term´´ometro analóxico 38 grados cando no noso control poñía 37,8.  Aceptable. 

Se quixéramos, podiamos obter un factor de calibración para a humidade, e sumarllelo or restarllelo na variable que conten a humidade no programa do Arduino, Así se pode introducir un factor de calibración nun equipo, para ver lecturas reais (sempre que a diferencia sexa lineal, pero eso e outra historia...)

Todo listo: comenza a incubación o martes 23

  Como xa está todo conectado, sen perder máis tempo, xa puxemos os ovos (4 ducias) na incubadora. Escollimos ovos de galiña de Mos, que e a raza galega de galiña mais protexida, e que tivo hai anos un proceso de recuperación da raza, xa que estivo a piques de desaparecer. Hoxe , xa recuperada a raza, e unha das máis apreciadas. 

poniendo huevos 1.jpg

IMG_20210223_133256_1.jpg.1

Ahí quedaros os 47 ovos. Si, 47, porque un deles rompeu accidentalmente.

Como vedes, hai que poñer unha bandexa de auga abaixo para que vaia evaporando e manter a humidade, que non debe ser inferiror ao 50 % de humidade relativa

 

14 entradas