O proceso de fabricación da incubadora / O proceso de fabricación da incubadora /
A calibración de temperatura e humidade

Para controlar a humidade e temperatura, os respectivos controis electrónicos que instalamos teñen os seus sensores. No caso da temperatura, utilizamos unha sonda tipo PT-100, que ten bastante exactitude. Para a humidade e temperatura de alarmas, usamos o DTH22. 

Pero antes de continuar co proceso, hai que verificar que esas medidas son correctas, xa que a variabilidade propia dos sensores e dos circuitos electrónicos. Para facer esta calibración, utilizamos un termómetro de alchool de precisión e un higrómetro externo, co que comparar os datos que vemos na nosa incubadora

IMG_20210226_135727.jpg

  A humidade non estaba moi exacta, pero o que importa mais, a temperatura puidemos leer no term´´ometro analóxico 38 grados cando no noso control poñía 37,8.  Aceptable. 

Se quixéramos, podiamos obter un factor de calibración para a humidade, e sumarllelo or restarllelo na variable que conten a humidade no programa do Arduino, Así se pode introducir un factor de calibración nun equipo, para ver lecturas reais (sempre que a diferencia sexa lineal, pero eso e outra historia...)