O proceso de fabricación da incubadora / O proceso de fabricación da incubadora /
A Entrega dos Pitos aos adoptantes

   Este pasado Xoves , xa fixemos a entrega oficial a todas aquelas persoas que se brindaron a levar en adopción a un dos pitiños. 

Moitas grazas a todas elas. E tamén grazas a BOAGA, a federación galega de asociacions de razas autóctonas (https://boaga.es/), onde está AVIMOS, a asociación de criadores de raza galiña de Mos. Grazas porque nos apoiaron no acto da entrega cuns obsequios para os participantes. 

Entrega2.jpg

   A entrega se fixo en dúas quendas, xa que coma e lóxico tiñan preferencia os adoptantes do propio equipo de traballo que fixo a incubadora

Entrega 4.jpg

Entrega3.jpg

 

    E logo veu o resto das persoas apuntadas a polo seu pitiño, onde ademáis levaron con eles unhas informacions sobre  a raza Galiña de Mos. 

entrega1.jpg

 E logo, unha vez acabado o acto, a clase. Iso si, volvimos a clase cos pitiños. Foi a súa primeria sesión nas aulas, onde se mostraron moi espabilados

Pitiños na clase.jpg

 

Lamentablemente, non houbo pitiños para todos os aspirantes, o cal indica que foi un éxito de convocatoria pero nos quedamos con ese mal sabor de boca de decirlle a xente que se tiñan xa esgotados, asi que decidimos, se as circunstancias o permiten, facer unha nova incubacion no terceiro trimestre. 

  Xa vos iremos informando

 Moitas grazas a todo o equipo, a dirección do centro que nos facilitou moito as cousas a BOAGA e por suposto as persoas que adoptaron os pitos.