O proceso de fabricación da incubadora /
Comenza unha nova incubación

  O pasado día 13 de Maio comenzamos unha nova incubación, tamén con ovos de raza Mos. Acendimos a incubadora a última hora do día 13, polo que os pitos nacerán moi posiblemente entre o día 3 e o 5 de Xuño.

 

Maker Faire Galicia 2021 - La mayor feria maker de España

 

    Como sabedes, imos a representar ao noso instituto na Maker Feire Galicia, así que como temos 21 días de espera pola incubación, para nós xa comenzou a exposición.  Está prtevista unha exposición virtual por mor da pandemia, asía que nós temos pensado a retransmisión en streaming  do nacemento dos nosos pitiños. 

   A partir destes días, estade atentas, que vos informaremos de cómo vai todo o proceso de incubación neste blog.