Blog de Rocío Varela Esmoris /
TIC, TAC...APRENDEMOS A HORA

As aprendizaxes naturais facémolas de forma global relacionando o mundo e as experiencias xa coñecidas.

Nesta ocasión aprendemos a ler as horas nos reloxos. Aprendimos a saber que era a esfera do reloxo, que era media esfera e tamén un cuarto, cales son as agullas e que marcan e a contar de cinco en cinco. Pero todo non quedou aí. Resulta que os antigos, concretamente o exipcios, comezaron a usar o reloxo de sol. Así que fixemos na clase a pregunta: que será un reloxo de sol? Tod@s coincidiron en que un reloxo de sol funcionaba grazas ao sol pero a incertidume creceu cando a pregunta foi...como se moven as agullas? As respostas foron xeniais: o sol convértese en lava e a lava baixa e move as agullas, o sol co calor derrete as agullas e así se moven...moita imaxinación pero non chegabamos a bo porto.

Así que lembramos que o sol se move, que sae polo Este e ocúltase polo Oeste. Coa linterna do móbil fixemos de sol e coa bola do mundo reproduxemos o seu movemento... Falamos tamén do sol e da sombra. Fixemos sombras coa linterna e saímos fora e por parellas debuxamos a silueta do compañeiro e puxémoslle a hora á que a debuxamos. Unha hora e media despois volvemos sair ao patio e colocáronse outra vez na silueta. Nesta ocasión, Pablo mirade o que atopou.

sombra Pablo.jpg

De novo xa na clase. Recopilamos toda a información e....EUREKA! alguén dixo: "o reloxo de sol non ten agullas, as agullas son a sombra!" A clase foi un estoupido de aplausos e emoción. Agora só quedaba construir un reloxo para a súa casa.

construccion reloxo.jpg

Claro e probalo no cole a ver si funcionaba. Pero como todos os científicos tivemos que saltar algún obstáculo...non había sol. Sin sol non hai sombra e sin sombra non hai agullas. Así que apelamos á canción "sol solito calientame un poquito". Ás veces fai falla algo máis que ciencia...

reloxo de sol en uso.jpg

Neste caso, a canción funcionou e saiu o sol e conseguimos que os reloxos de sol marcasen a unha e media!

CONTINUARÁ...

© Rocío Varela Esmoris, all rights reserved