BECA NEAE 25/26. Anexo Gabinete
Anexo a cubrir polo Gabinete que vai prestar o servizo de apoio ao alumno/a ao longo de todo o curso escolar 25/26.
Con motivo da convocatoria de BECAS NEAE 25/26, recordamos que, ao igual que en anteriores cursos, o alumnado solicitante debe ser aquel que conte con algún dos seguintes requisitos:
- Contar con certificado de discapacidade de mínimo 25%, ou estar en proceso de tramitación do mesmo.
- Contar con algún dos seguintes diagnósticos: TEA, TDAH asociado a Trastorno Grave de Conducta, Trastorno Grave de Conducta, Trastorno da Comunicación e/ou da Linguaxe e Altas Capacidades.
Segundo dita convocatoria NON teñen dereito á bolsa as seguintes situacións:
- Ter o diagnóstico de TDA ou TDAH de xeito exclusivo sen estar asociado a trastorno de conducta ou discapacidade.
- Ter o diagnóstico de Trastorno de aprendizaxe con dificultades na lectura. (dislexia); Trastorno de aprendizaxe con dificultades na expresión escrita; Trastorno de aprendizaxe con dificultade matemática (discalculia)
Este ano por primeira vez a presentación de solicitudes será exclusivamente de xeito telemático por parte das familias a través do formulario accesible por internet na dirección https://www.educacionfpydeportes.gob.es . Pode facerse a travésde Cl@ve ou entrando na sede electrónica do Ministerio de Educación, FP e Deportes na dirección https://sede.educacion.gob.es.
Coma novidade MOI IMPORTANTE (para os que xa solicitaron beca en anteriores cursos e novos solicitantes) Este ano coa solicitude da beca non se xera o anexo a cubrir polo Gabinete, polo que é necesario que o descarguedes no seguinte enlace,
https://agueiro.edu.xunta.gal/file/view/48355/documento-solicitude-beca-neae-2526
Unha vez cuberto polo Gabinete é necesario que e o entreguedes de volta na Secretaría do centro a partir do día 1 de setembro. Lembrade que o prazo para as solicitudes está aberto dende o 30 de abril ata o 11 de setembro de 2025