Flora que inspira.
O alumnado de 3º ESO B de Proxecto Competencial realizou no terceiro trimestre un proxecto de fotografía e escrita creativa relacionado coas prantas e árbores da nosa Flora Colmérica. A finalidade da actividade foi fomentar no alumnado unha mirada atenta e creativa cara ao seu contorno natural máis próximo, promovendo a aprendizaxe significativa a través da fotografía, a escrita creativa e a investigación botánica, para desenvolver un produto final que combinara estes elementos: unha peza visual e literaria sobre unha planta ou árbore do centro.