Orientación deportiva no entorno natural
PROFESORES: ANXO CID CORBILLÓN, XOSÉ COUSO FOLGUEIRAS E JOSE LUIS TEDÍN.
DESCRICIÓN: Dende o departamento de Educación Física (Ciclo medio de guía no medio natural e de tempo libre) decidimos colaborar co proxecto “Flora Colmérica” a través do deseño de actividades que puxeran en valor a nosa contorna e todos os recursos naturais cos que conta. As actividades estiveron ligadas ao curso de 3º da ESO e dentro dos contidos de actividades no medio natural do currículo. Concretamente, no contido de orientación deportiva no medio natural.