Xardín Poético
O alumnado de 1º de BAC traballou na materia de Lingua castelá e literatura a presencia das flores na poesía e o seu valor simbólico. Fixeron por parellas unha selección de poemas con presencia de flores e indagaron sobre o seu valor simbólico. Con este material gravaron un vídeo explicativo. Paralelamente plantaron na aula as plantas das flores traballadas (rosa, xasmín, romeu, lavanda, azucena, adelfa, camelia e narciso) e as coidaron durante unhas semanas ata que foi tempo de transplantalas. No mes de maio preparouse o terreno e crearon un pequeno xardín poético.