Bitácora 2º Primaria
O noso blog RSS
A semana pasada fixemos moitas cousas que queremos compartir.
Traballamos cos alimentos.
Seguimos a traballar con diferentes alimentos vendo as súas propiedades, facendo receitas, recolectando as sementes,... todo dentro do traballo curricular que se enmarca dentro do PDI "PapaRouta"
- Receitas de pementos. Preparamos riquísimos pementos qu elogo puidemos degustar no petisco.
- Cortamos e pelamos cabazas. Que duras estaban! Escribimos a receita da crema de cabaza.
- Receitas creativas de Samaín.
Festa do Samaín, ofrecemos mazorcas de millo. E investigamos moito sobre a súa orixe.
Escribimos unha carta:
Escribimoslle unha carta ás compás de 1⁰ para desexarlle o mellor na etapa de primaria, e logo fomos persoalmente a entregarlla.
Día das bibliotecas:
O día das bibliotecas, tivemos un obradoiro de ciencias con Arenaria sobre o PDI deste curso.
Primeira Saída.
Saímos a Compostela a ver un concerto "O Grande Beethoven" interpretado pola Real Filharmonía de Galicia dirixida por Joana Carneiro como invitada.
Ver Imaxes
Seguimos traballando con alimentos de outono. Esta semana aprendemos moito con, pementos, cabazas, mazás e noces verdes.
Extraemos as sementes para deixar a secar, gardar e cando chegue o tempo plantar. Observamos froitos carnosos e froitos secos e tamén como é a súa planta.
Probamos as noces verdes e gustáronnos. Agora deixamos na aula unha mostra a secar, canto tardará?
O seguinte traballo é facer receitas e cociñar con estes alimentos.
E aproveitando esta época tamén tivemos un obradoiro micófilo.
Ver artigo Obradoiro micófilo
Ver álbum con tódalas imaxes
MIXTO: plástica
II Proposta: Collage de outono
OBXECTIVOS:
- Identificar e diferenciar diferentes tipos de papel.
- Explorar características sensoriais dos papeis (tacto, son, textura)
- Crear texturas e formas utilizando técnicas como rasgar, enrrugar, pegar...
- Fomentar a cooperación na creación dunha obra común.
- Desenvolver habilidades de motricidade fina e coordinación ollo-man.
- Identificar e clasificar cores cálidas e frías.
- DEsenvolver a capacidade de observación, sentido estético e coordinación motora fina, fomentando expresión artística e creatividade.
Ao longo da semana levamos a tabo diferentes tarefas: creamos a nosa vide, fixemos o experimento da fermentación que non saiu no tempo previsto porque tivemos un erro, decidimos agardar máis tempo e finalmente conseguimos observar a fermentación.
E no circuíto de mates facemos sumas deseñando caras, co tangram compoñemos figuras e xa estamos compoñendo e descompoñendo co material de base 10 números ata o 1000.
Ver álbum con tódalas imaxes
E… como este ano o PDI vai de PAPAROUTA, que mellor que comezar con produtos de tempada.
Nesta época do ano podemos degustar unha froita moi saborosa: a uva.
Na nosa clase fixemos zume de uva e gozamos moito con esta froita, levando a cabo moitas actividades.
Traballamos coa denominación de orixe Albariño e comparamos con outras denominacións da zona.
O primeiro foi facer cata de uvas. Investigamos os tipos de uvas, as súas cores, descubrimos que recoller uvas chámase vendima, que se obtén da uva…
O zume estaba delicioso.
Seguimos traballando porque a uva da para moito!
Ver álbum con tódalas imaxes e video
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- »Páxina seguinte
Os nosos Podcasts
MODO GALEGO. ACTÍVAO!
Aquí atoparás tódalas tarefas que iremos facendo co MODO GALEGO, ACTÍVAO!
As 4R EcoPatrulla
A nosa horta
Aquí iremos poñendo as cousas que fagamos na horta.