Bitácora 4º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

Traballando os viquingos no grupo mixto.

O alumnado de segundo ciclo estivo a traballar sobre os viquingos no agrupamento mixto para coñecer un pouco de historia. Elaboraron un Drakkar que é a embarcación coa que se desprazaban para realizar as súas incursións en diferentes países. Aquí vos deixamos unhas imaxes dos seus traballos.

Vikingos mixto 3º e 4º1.jpeg

Ver álbum de imaxes

 

Recantos sobre os sentidos.

Ola tribo,
Andivemos ata hai pouco cunha rotación de recantos que nos tivo moi sensibles, porque traballamos sobre os sentidos. Comezamos a traballar sobre o corpo humano e a función de relación, como o noso corpo recibe información do exterior e tamén do propio corpo. É por iso que falamos de 7 sentidos: 5 que nos dan información do exterior vista, gusto, olfacto, tacto e oído e 2 que nos dan información sobre nós mesmas e como nos ubicamos no espazo a propiocepción e o sentido vestibular.
Rotamos por 9 estacións unha por cada sentido, a estación de xogo e unha de creación literaria.

os 7 sentidos 4º (16).jpeg

Os 7 sentidos
Nas rotacións dos sentidos había unha primeira parte común de busca de información sobre para que serve cada sentido, cales son os órganos principais e algún recordo persoal vinculado a cada un dos sentidos. Todo isto quedou plasmado nun pequeno lapbook. Contámosvos agora a parte experimental de cada un deles.

  • A vista.
    Primeiramente experimentamos con ilusións ópticas lendo as instrucións e vivenciándoas, conseguimos mesmo ver a través dun buraco na man. Despois achegámonos á obra puntillista da artista ghanesa Betty Acquah, unha obra na que reivindica a papel da muller no cotiá na sociedade ghanesa. O puntillismo xoga coa capacidade do ollo para completar a imaxe. Creamos as nosas propias obras que acabaron sendo chapas.
  • O oído.
    Probamos como as ondas do son fan vibrar o tímpano grazas a unha sinxela experiencia e despois xogamos cun xogo de memoria de sons.
    O tacto.
    Creamos a nosa inicial en papel de lixa e forma parte do noso lapbook. Despois revisamos os corpos xeométricos, dentro dunha bolsa opaca había unha chea de corpos xeométricos e acompañadas dunhas tarxetas informativas debiamos coller un e averiguar de cal se trataba verificando entre todas as persoas do grupo.
  • O gusto.
    Para esta experiencia convertémonos en críticas gastronómicas e debiamos degustar tres froitos de tempada: caqui, granada e abelá ao natural. Con axuda dunha listaxe de adxectivos e os seus significados debiamos describir os diferentes sabores.
  • O olfacto.
    Creamos con diferentes elementos olorosos naturais (canela, cravo, herbaluisa, lavanda, romeu, pel de laranxa e limón) creamos unha combinación que nos gustou a cada persoa e elaboramos un ambientador.
  • Propiocepción
    Aquí por parellas debiamos pegarnos pegatinas na pel e quitalas sen mirarnos no espello porque precisamente este sentido ten que ver con percibir o corpo, ter conciencia de onde está cada parte sen necesidade de mirala.
    Sentido vestibular.
    Nesta proposta puxémonos a facer ioga en equipo dado que este sentido ten moito que ver co equilibrio. Unha persoa do equipo lía no libro unha proposta de ioga e as outras debían seguir as instrucións e realizala. Ademais de traballar o equilibrio e a conciencia corporal traballamos a fluídez lectora e a comprensión oral e escrita.
  • Como adopté un ñu.
    A proposta de creación literaria era colectiva partindo do xogo Como adopté a un ñu, había unha primeira fase de creación oral e posteriormente unha transcrición á escrita dunha das historias inventadas. Esta proposta permitiunos traballar: a comprensión lectora e expresión escrita; a creatividade e imaxinación; a flexibilidade cognitiva durante a creación e a atención e memoria de traballo
  • Zona de xogo.
    Nesta zona tivemos dúas propostas de xogo:

Fast Words co que traballamos:
- Conciencia fonolóxica
- Velocidade de procesamento
- Vocabulario e fluidez verbal
- Memoria e concentración (memoria a curto prazo)


E CLUB A que nos axudou a desenvolver:
- Funcións executivas: atención e percepción visual
- Conciencia fonética
- Vocabulario
- Ortografía.

Deixamos aquí unha ligazón a un vídeo que nos serviu para introducir o corpo humano e que do que gustou o alumnado.

https://www.dailymotion.com/video/x7zmj6k

Tamén adxuntamos nun PDF información esencial de cada sentido coa que traballamos na aula ademais dos manuais que podedes ver nas imaxes e son moi interesantes.

Seguimos cociñando cuarto!

Ver álbum completo de imaxes

Robótica no grupo mixto.

No grupo mixto ademais dos experimentos de Samaín que xa puidestes ver seguimos traballando nas propostas de robótica e matemáticas.

Así pois, continuamos introducindo a robótica como unha ferramenta que axuda ás nenas e nenos a desenvolver o pensamento lóxico e a resolución de problemas, a través da programación sinxela e o uso de robots educativos. Nesta unidade didáctica, ampliamos os coñecementos traballados ata agora, incorporando como centro de interese o Samaín, creando proxectos temáticos onde se combinan creatividade e coñecementos de varias áreas curriculares.

video robotica mixto 3º 4º.jpg

Ver vídeo de Robótica do grupo mixto

Na proposta matemática continuamos traballando co tempo partindo de tres recantos nos que soñamos un horario para a escola, cos horarios dos diferentes buses escolares fixemos retos para averiguar os tempos transcurridos, se chegamos a tempo á parada... E tamén practicamos as horas en formato analóxico e dixital. E como o tempo non para de correr con isto pechamos as propostas relacionadas con el.

Seguimos construíndo xuntas.

Mixtos reloxo 3º 4º1.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º2.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º4.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º3.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º5.jpeg

Rotacións matemáticas.

Ola tribo compartimos agora unha das rotacións de matemáticas que nos serven para traballar cálculo, estimación, resolución de problemas...

Arte con regletas. En equipos de 4 cada persoa elabora unha creación artística cun mínimo de 20regletas variadas. Despois deben estimar que valor ten cada creación e ordenalas de maior a menor. Posteriormente cada persoa calcula exactamente o valor da súa obra usando o xeito que consideren. Algúns dos máis empregados foron a formación de decenas, a multiplicación des regletas de igual valor...

Rotación mates 4º (19).jpeg

Resolucion de problemas. Previamente por equipos cada persoa elaborou un problema, resolvémolos e escollemos aquel que suporía un maior reto para o resto de compañeiras. Preparamos unhas tarxetas co problema por un lado e a resposta polo outro. Na rotación en equipos de 4 debían debuxar ou representar eses problemas e resolvelos.

Rotación mates 4º (18).jpeg

Xogo "Conta atrás - Gaña quen calcule máis rápido": Este é un xogo de taboleiro no que traballamos principalmente a rapidez no cálculo mental con operacións de suma, resta e multiplicación dun xeito ameno.

Rotación mates 4º (16).jpeg

Ir ao álbum de fotos.

Saída á Feira Maker de Oficios na Casa das Máquinas de Santiago.

O alumnado de segundo ciclo de primaria a semana pasada estivemos visitando a Feira Maker de Oficios na Casa das Máquinas de Santiago.

saida-feira-maker-3-e-4-24.jpg

Tivemos a oportunidade de aprender de artesás e artesáns participando nun obradoiro de estampación de Amor ao Teu e outros dous de Cianotipia e Marmolado de Peixesapop, dos que ademais puidemos levar connosco as nosas creacións.

saida-feira-maker-3-e-4-1.jpg

Ademais disto vimos a outras artesás e artesáns, aprendemos moito e desfrutamos do traballo de ferrería de J. Eiroa Forxa.

saida-feira-maker-3-e-4-11.jpg

Volvimos ao cole cheos de aprendizaxes, artesanía feita por nós e bos recordos.

Ir ao álbum de fotos.

18 entradas
Details

Os Podcasts de 4º

O Fogar da Tribo

Descargar aula cuarto.mp4 [22.42MB]
Details

Reunión Familias