Bitácora de Ed. Infantil
O noso Blog RSS
O mércores 27 de novembro visitamos o museo etnográfico Casa do Patrón en Lalín.
Alí descubrimos e reforzamos as aprendizaxes previas realizadas sobre os CEREAIS , fundamentalmente o millo e o trigo, na escola.
Experimentamos con eles nun contexto real e de produción : fixemos pan con Lola.
Tedes todas as imaxes da realización do pan no enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/galeria/thumbnails.php?album=72
Debullamos millo e construímos torres cos carozos acompañados de Yolanda.
Tedes todas as imaxes do debullado no enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/galeria/thumbnails.php?album=73
E completando a actividade fixemos queixo con Consuelo (introducindo os lácteos como parte importante da dieta ademáis dos cereais).
Tedes todas as imaxes da elaboración do queixo no enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/galeria/thumbnails.php?album=75
Estes obradoiros manipulativos mantivéronnos moi atent@s e interesad@s , cuns produtos finais de luxo: un boliño de pan e un queixiño fresco; todo feito por nós e sabendo a orixe dos ingredientes. Canto aprendemos!
Paseamos e descubrimos nas distintas partes do museo elementos e momentos da vida cotiá da nosa xente de antes: a casa, os oficios, a escola...
Tedes todas as imxes do museo no enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/galeria/thumbnails.php?album=74
Xantamos xuntas e tivemos tamén os nosos momentos de carreiras e xogos. Un día ben completo e frutífero!
Tedes máis imaxes da saída no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/galeria/thumbnails.php?album=76
#PDI PAPAROUTA
#PROGRAMA JEAN MONNET
Hoxe, 25N, conmemoramos na escola o Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres baixo o lema "Cociñando o bo trato".
Compartimos con vós nun documento adxunto a proposta presentada polo Equipo de Igualdade onde tedes toda a información do traballo previo realizado nos ambientes e tamén do acto conmemorativo de hoxe.
Tamén compartimos algunha imaxe da realización dese traballo previo e do acto de hoxe.
SAÍDA A LALÍN
Casa do Patrón, 27 de novembro 2024
Prezadas familias,
O próximo mércores, 27 de novembro, realizaremos unha saída a Lalín para visitar o Museo Etnográfico "Casa do Patrón". Ademais da visita, participaremos en dous obradoiros vinculados á temática do noso PDI, "Paparouta", vinculados tamén co Proxecto Jean Monnet e coas actividades que estamos a desenvolver nos ambientes relacionadas cos cereais.
Deberán traer roupa e calzado cómodo.
• Unha muda que ocupe pouco espazo.
MANDADE TODO MARCADO CO NOME D@ NEN@.
De beber soamente traerán AUGA.
A comida virá repartida en 2 bolsas marcadas do seguinte xeito.
• MERENDA
• XANTAR (que sexa doado de comer e que lles guste).
É importante que preparedes a mochila con elxs.
Actividade financiada polo programa JEAN MONNET .
HORA prevista de CHEGADA será ás 16:45h
Recibide un saúdo agarimoso
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- 3
- 5
- »Páxina seguinte