Bitácora 5º Primaria
O noso Blog RSS
Este martes , con motivo da cercanía do SAMAÍN , fumos ao teatro do cole e @s alumn@s de 6º de primaria levaron a cabo un obradoiro de contos de terror que resultou ser unha experiencia inolvidable para tod@s. Con moita ilusión , prepararon relatos que nos deixaron sen alento.
@s alumn@s de 6º pasaron semanas traballando nas súas historias, buscando inspiración en lendas locais e elementos clásicos do xénero de terror. Durante o obradoiro, aprenderon non só a arte de contar historias, senón tamén a importancia de captar a atención do público, utilizar a voz e a expresión corporal para crear atmosferas de suspense e emoción.
Foi unha ocasión fantástica para fomentar a lectura e a creatividade, así como para estreitar lazos entre os diferentes cursos.
O obradoiro foi un éxito , deixándonos a tod@s con gañas de máis historias e novas aventuras. Sen dúbida, unha experiencia que quedará gravada na memoria de tod@s @s que participaron!
O pasado Xoves tivemos a primeira saída do curso a CASA DO PATRÓN en Lalín. Foi unha saída emocionante e na que aprendimos moitas cousas da nosa cultura e relacionadas coa nosa contorna.
Esfollamos e debullamos millo.
ss
Tamén fixemos de panadeir@s (actividade relacionada co PDI deste ano ,PAPAROUTA)
Estas experiencias axúdannos a reflexionar sobre a diversidade cultural .Ademais fomentan a curiosidade e o interese por outras formas de vida, contribuíndo a un maior respecto e apreciación pola riqueza cultural da nosa rexión.
Estes días estamos aprendendo sobre os distintos tipos de textos, centrándonos especialmente nos instructivos .
Investigamos sobre normas de xogos , instrucións de montaxe de mobles ou receitas.
Ademais estamos axudando a engalanar o vestíbulo do colexio con materiais naturais reciclados e propios do OUTONO.
É unha gran oportunidade para conectar a aprendizaxe co noso entorno!
Esta semana foi emocionante en 5º , estivo chea de descubrimentos e aprendizaxes!
Estivemos calculando e explorando diferentes temas e mergullándonos en novas ideas . Ademáis, comezamos a gravar en Radiobarouta!!
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- »Páxina seguinte