Que é o Club de Letras?

Somos un proxecto interdisciplinar que comezou a súa andaina no curso 2020/21 no IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Profes de Historia, Música, Lingua Galega, Lingua Castelá, Filosofía e Plástica forneceron de ideas e actividades para que, de forma voluntaria, o alumnado de ESO, con algunha que outra colaboración dxs de Bacharelato, se sumerxise no mundo dos coidados, na importancia que teñen para a vida e na precariedade e invisibilización na que se desenvolven.


Nestas páxinas poderás atopar arquivos, reflexións e ligazóns que foron conformando a nosa andaina nestes primeiros meses de existencia.


Tamén podes seguirnos en Instagram na conta @clubletrasponteceso.


clubdeletras_4.pngLOGO_IES.png


Esperamos que sexa do teu interese.
Camiña connosco!

Citas para pensar, de Marina Garcés:

"Poder facer dano, saber que podemos facer dano e non facelo: este é o sentido último do coidado como desafío."

Os nosos espazos de encontro

As circunstancias ocasionadas pola Covid-19 e a importancia do cumprimento do protocolo para a pandemia condicionou enormemente o desenvolvemento das actividades. Estes son os espazos que acabaron posibilitando que as levaramos a cabo e que, en definitiva, nos puideramos atopar.

O salón real

Details

Instagram - Código QR

Details

Que é o salón?

Outros proxectos do centro

O IES Eduardo Pondal é un centro moi activo. Estoutros proxectos foron un grande apoio para sacar o  Club de Letras adiante

Ponte na onda (Radio)

O magnífico traballo da radio do instituto acolleunos desde o primeiro programa do curso, difundindo a nosa recente aparición no espazo do centro e as nosas actividades. Pódense escoitar os podcasts aquí: https://anchor.fm/ponte-na-onda/episodes/Programa-3-evtv07

Blog da Biblioteca

A biblioteca é unha gran dinamizadora no centro. Alí dimos os nosos primeiros pasos, as reunións (cando aínda podíamos) e o blog serviu de plataforma de difusión directamente, mentres non creamos o Instagram.

artellandonabiblio.blogspot.com/

A Cova Maker

As sesións de formación do Espazo Maker do instituto tiveron o grande mérito de poder xuntar a parte do profesorado para facer cousas xuntxs e convivir durante unhas horas que resultaron cruciais ante o distanciamento emocional que impoñían as medidas de distanciamento social: https://www.instagram.com/acovamaker/

Alí puidemos coidarnos un pouquechiño e tomar forzas colaborativas para os outros proxectos.