Páxina da oficina de innovación e formación do profesorado do CIFP Universidade laboral

Logo Innovación.jpg.1

Recursos

LOGO VSDC.JPG

VSDC , un editor de vídeo completísimo e con versión libre completamente funcional:   Páxina principal do software aquí.

Descarga este software aqui:  https://www.videosoftdev.com/free-video-editor

 

Blog de Innovación e formación do profesorado RSS

Convocatoria Proxectos de Innovación 2024

   Xa está aberta a convocatoria de proxectos de Innovación (proxectos PIT) de este ano. Toda a información neste Link:

https://www.edu.xunta.gal/fp/premios-proxectos-innovacion-formacion-profesional-convocatoria-2024

  Está ademáis colgado o PDF da convocatoria na área de descarga. O prazo de presenteación e ata o 19 de Febreiro 

Plan de formación do profesorado para o segundo semestre

Publicada a oferta do Plan de Formación de FP para o segundo semestre. Está o arquivo PDF colgado en descargas

O proxecto "Pesca 4.0" premiado na convocatoria Dualiza CaixaBank

     Este proxecto, que foi presentado na convocatoria de 2023 resultou premiado, sendo o único premio en solitario para un só centro en toda a Comunidade de Galicia. 

     Os colaboradores do proxecto son ACERGA (Asociación de pesca do cerco de Galicia) e a Cofradía de pescadores de Sada, e colaborarán instalando un gateway de LoRa nas súas dependencias en Sada para poder obter datos de IoT desde os barcos do Cerco e artes menores de baixura. 

     Ademáis, contaremos tamén con unha WIFI especialmente adicada a recoller datos no porto de Sada, e se combinarán todos os datos nunha plataforma on Line. 

  Agradecemos a ACERGA, á Cofradía de Sada e por suposto a FP Empresa e CaixaBank a confianza depositada en nós con este premio. 

 

Premios Ecoinnovación

Convocatoria aberta na Fundación Endesa sobre premios a proxectos de innovación con valor ecolóxico. Pódense presentar grupos de estudantes de FP Básica e ciclo medio, pero menores de 18 anos, en tres categorías distintas. 

Tedes aquí toda a información: 

https://www.fundacionendesa.org/es/educacion/premios-innovacion-educativa?mc_cid=94485c273b&mc_eid=cec5ee2a8c

 

Convocatoria de Axudas Dualízate

Desde o día 2 de Outubro e ate o día 26, pódense presentar as Axudas para innovación do programa "Dualízate" de Caixa Bank. Esta convocatoria sigue unha filosofía moi parecida aos proxectos de Innovación MEC ou PIT, pero non e necesario (ainda que recomendable) traballar con outro centro. Pode ser de España ou Galicia

O que sí e obligatorio e que se presente entre unha empresa ou entidade externa e un centro educativo de FP. 

Tedes toda a información sobre a convocatoria aquí: 

https://www.caixabankdualiza.es/es/que-hacemos/convocatoria-dualiza/

 

15 entradas
Details