Como parte das actividades arredor do Día Internacional dos Museos, este ano, dedicado á sostebilidade e ao benestar, O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) programa varios concertos do grupo Odaiko para público escolar.
Desde o Equipo de Dinamización Lingüísta quixemos sumarnos e participar neste evento que ben se vencella ao proxecto PLAMBE que desenvolvemos este ano no Barrié " Unha nova vida".
Neste espectáculo musico-pedagóxico, o grupo de percusión Odaiko mestura a reciclaxe, o enxeño e a creación de son. Durante o concerto, emprega instrumentos de reciclaxe de creación propia ou da música tradicional para compoñer, a través da improvisación, unha sinfonía de sons cunha posta en escena interactiva na que o público dá o último golpe.
O grupo Odaiko fundouse en Holanda en 2003 e está integrado por catro músicos licenciados en percusión clásica, jazz e contemporánea.