Bitácora 5º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

Experimentando coas plantas!

Estas semanas, os nenos e nenas de 5º de primaria están a vivir unhas experiencias de aprendizaxe moi divertidas e dinámicas!

No marco das ciencias naturais, están traballando de maneira experimental as plantas. A través dun proxecto que combina investigación e creatividade, facendo lapbooks nos que recollen  información sobre as plantas.Estes lapbooks, cheos de debuxos, recortes e notas, axudan ao alumnado a interiorizar de maneira visual e práctica o que están aprendendo.

lapbook.jfiflapbook 2.jfif

Pero iso non é todo! Cada alumno/a tamén tivo a oportunidade de plantar sementes e seguir o seu crecemento paso a paso, o que lles permite observar de cerca os procesos naturais que fan que as plantas se desenvolvan.

sementes 1.jfifficha seguimento.jfifprocesoplantación.jfifprocesoplantación2.jfifplantación.jfiffinal.jfif

 Nas matemáticas seguimos a tope, e estas semanas tocou centrarnos nas divisións.  A combinación de teoría e práctica está facendo que as nenas e nenos se sintan motivados e cada vez máis seguros nas súas habilidades matemáticas.

E, por suposto, nas Linguas tamén seguimos traballando as distintas habilidades: expresión oral, comprensión lectora, escrita e a gramática. A través de actividades variadas, xogos e lecturas, os alumnos e alumnas están mellorando a súa capacidade de comunicar as súas ideas de maneira clara e coherente, tanto oralmente como por escrito.

 

Obradoiro de contos de Terror

Este martes , con motivo da cercanía do SAMAÍN , fumos ao teatro do cole e  @s alumn@s de 6º de primaria levaron a cabo un obradoiro de contos de terror que resultou ser unha experiencia inolvidable para tod@s. Con moita ilusión , prepararon relatos que nos  deixaron sen alento.

@s alumn@s de 6º pasaron semanas traballando nas súas historias, buscando inspiración en lendas locais e elementos clásicos do xénero de terror. Durante o obradoiro, aprenderon non só a arte de contar historias, senón tamén a importancia de captar a atención do público, utilizar a voz e a expresión corporal para crear atmosferas de suspense e emoción.

Foi unha ocasión fantástica para fomentar a lectura e a creatividade, así como para estreitar lazos entre os diferentes cursos. 

O obradoiro foi un éxito , deixándonos a tod@s con gañas de máis historias e novas aventuras. Sen dúbida, unha experiencia que quedará gravada na memoria de tod@s @s que participaron!

1.jfif3.jfif4.jfif

Rematando Outubro!

 

           O  pasado Xoves tivemos a primeira saída do curso a CASA DO PATRÓN en  Lalín. Foi unha saída emocionante e na que aprendimos moitas cousas da nosa cultura e relacionadas coa nosa contorna.

DSCN4854.JPG

 

 

Esfollamos e debullamos millo.

DSCN4924.JPGss

 

Tamén fixemos de panadeir@s (actividade relacionada co PDI deste ano ,PAPAROUTA)

DSCN4910.JPG

Estas experiencias axúdannos a reflexionar sobre a diversidade cultural .Ademais fomentan a curiosidade e o interese por outras formas de vida, contribuíndo a un maior respecto e apreciación pola riqueza cultural da nosa rexión.

jean.jpg.1

Que o ritmo non pare!

Estes días estamos aprendendo sobre os distintos tipos de textos, centrándonos especialmente nos instructivos .

Investigamos sobre normas de xogos , instrucións de montaxe de mobles ou receitas.

textos 1.jpgtextos 2.jpgtextos 3.jpgtextos 4.jpg

Ademais estamos axudando a engalanar o vestíbulo  do colexio con materiais naturais reciclados  e propios do OUTONO.

 

engalanar 1.jpgengalanar 2.jpg

 

É unha gran oportunidade para conectar a aprendizaxe co noso entorno!

A toda máquina!

Esta semana foi emocionante en 5º , estivo chea de descubrimentos e aprendizaxes!

Estivemos calculando e explorando diferentes temas e mergullándonos en novas ideas . Ademáis, comezamos a gravar en Radiobarouta!!

 

1728044647683.jpggravandonaradio.jpg

7 entradas
Details

Os nosos Podcasts