Web 2 English

Descrición

Tamara Carreira Astray.png

Web2English é un proxecto eTwinning de colaboración entre 24 centros educativos de 12 países europeos diferentes. Trátase de iniciar ao alumnado nunha educación dixital empregando ferramentas da web 2.0 para facilitar a aprendizaxe do inglés como lingua estranxeira ante o novo contexto educativo cheo de incertezas causado pola COVID 19 neste curso escolar. No noso centro, o alumnado participante son dous grupos de 5º de Primaria, que se inician ademáis no proxecto eDixgal. Dispoñen, por tanto, de cadanseu equipo pero teñen moi poucos coñecementos e recursos dixitais. É un proxecto que continuaría en marcha, en caso dun novo confinamento domiciliario (como así está acontecendo nalgúns dos países dos socios participantes).

Algunhas das aplicacións que estamos empregando son:

- Quizlet (para a aprendizaxe de vocabulario e algúns aspectos gramaticais mediante flashcards)

- Flipgrid (para traballar a expresión oral dende as nosas casas sen máscaras que obstaculicen a comunicación)

- Quizizz e Kahoot (gamificación, revisión do aprendido dunha forma lúdica)

- Canva (deseño de posters, logos, trípticos... para traballar a produción escrita)

- Wordwall, Educaplay, LearningApps, Educandy  (crucigramas, sopas de letras, etc.)

- Liveworksheets (fichas interactivas)

- StoryJumper (creación de historias colaborativas - 4 skills)

- Lyrics Training e ISL collective video lessons (traballamos a comprensión oral)

- Padlet (presentación de traballos en equipo)

- Mentimeter, Tricider e AnswerGarden (foros de discusión, votacións, avaliacións...)

- Genially (presentación de materiais)

- Avatares.org e Getavataaars.com (creación de avatares para perfís, traballamos a ciberseguridade)

- Jigsaw planet (creación de puzles)

- Google maps (localización dos países dos socios europeos)

- Edición de videos, videoconferencias, difusión en blogs e redes sociais...

Presentacíón Genially sobre o proxecto

genially.JPG

Datos xerais

Centro educativo CEIP Plurilingüe de Sigüeiro (Sigüeiro - Oroso)
Etapa  Educación primaria
Área ou temática Lingua estranxeira (Inglés)
Datas  Curso 2020/21

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Digital Game Pool

pool.JPG

Taboleiro virtual

taboleiro.JPG

Blog

blog.JPG

Web do centro

webcole.JPG