Descrición
Levamos á práctica durante o periodo de confinamento a dinámica "Eu son Atleta contra o Virus" para realizar actividade física moderada desde a casa propoñendo varios retos ás familias. De forma diaria subiamos a Youtube o reto e as familias tiñan 24 horas para gravar aos nenos e nenas superándoo. Os mestres coordinadores faciamos montaxes de vídeos para motivar ao alumnado. Unha vez que o alumnado superou os retos enviámoslle ás súas casas (en colaboración con Protección Civil do Concello) un diploma personalizado coa foto e nome do alumno ou alumna. O alumnado participante tamén realizou dúas actividades para crear unha medalla cunha roda de pataca e unha copa con material de refugallo. Foi todo un éxito de participación, superando por moito as nosas expectativas.
Datos xerais
Centro educativo | CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza - Santa Comba |
Etapa | Educación infantil e primaria |
Área ou temática | Educación física |
Datas | Entre marzo e maio de 2020 |