Radio escolar... dende as casas

Descrición

Miguel Cumbraos Álvarez.png

Dende o 13 de marzo de 2020, a radio escolar do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria "Radio Xograr" deixou de funcionar no seu estudo, onde ofrecía programas semanais. Pasou a ser "on line", feita dende diversos fogares, pegando audios a través dun grupo de "whatsapp".

No curso actual, vista a imposibilidade de xuntarse para emitir o programa, séguese a mesma dinámica, cun programa mensual que se emite na plataforma "Ivoox".

Un traballo laborioso, que implica fundamentalmente a un profesor e 7 alumnos de ESO e Bacharelato, pero no que colabora toda a comunidade educativa.

Un formato similar ao que utilizan as principais cadeas, "teleradiando" dende diversos lugares. O profesor cooordinador e o alumnado gravan os diversos audios, que logo son convertidos nun so por un alumno que fai a técnica. Todo queda como un programa de radio, coa súa sintonía, publicidade, música etc. A comunidade educativa aporta contidos, ideas, suxestións etc.

Trabállanse diversos aspectos educativo-pedagóxicos, pero a interdisciplinariedade é o principal.

Ivoox

ivoox.JPG

Datos xerais

Centro educativo IES Xograr Afonso Gómez de Sarria - Sarria ( Lugo)
Etapa Educación secundaria e Bacharelato
Área ou temática Multidisciplinar
Datas Dende marzo de 2020

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Web do centro

webcentro.JPG

Facebook

facebookxograr.JPG