
- O concurso está aberto a todo o alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
- Cada alumno/a poderá presentar un máximo de TRES conxuntos de haiku e fotografía.
- Os haikus presentados a concurso deberán ser en galego. Consistirán en poemas breves de tres versos, sen que sexa necesario que cumpran a métrica clásica do haiku.
- As fotografías poderán ter as extensións .png, .jpg, .gif ou .pdf e deberán ser enviadas nun arquivo independente do haiku.
- O haiku deberá ser enviado nalgún arquivo con formato de texto (.doc, .docx, .odt, .rtf, .txt...) ou incluído no corpo do correo.
- En caso de enviar máis dun conxunto de haiku e fotografía, cada conxunto deberá ser enviado nun correo diferente, de maneira que quede claro que poema se combina con que fotografía.
- Os haikus deberán ser enviados, acompañados das fotografías, ao correo do Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Lugo (eoi.lugo.edlg@edu.xunta.gal), indicando no asunto “PRIMAVERA POÉTICA”.
- No envío deberá constar o nome e a forma de contacto (teléfono e correo electrónico) da persoa concursante, así como o idioma e grupo en que está matriculada.
- A data límite para o envío será o 13 de abril de 2023 ás 23:59.
- As obras presentadas serán expostas na entrada ou nos corredores da EOI, entre os días 17 e 21 de abril.
- Xunto ás obras expostas haberá un sistema de voto electrónico, para que toda a comunidade educativa poda participar na escolla da mellor obra presentada.
- O primeiro e único premio consistirá nun vale polo valor de 50€ para compras na tenda Nikis de Lugo.
- A obra gañadora será dada a coñecer durante o recital poético, organizado polo EDLG, que terá lugar na semana do 24 ao 28 de abril.
- Posteriormente, a obra gañadora e a súa autoría serán dadas a coñecer nas redes sociais da EOI de Lugo, así como na páxina web.
Updated on 25 March 2023, 1:09 PM; 138 visitas á páxina desde 25 March 2023 ata 28 May 2023