Desenvolvemento e avaliación de competencias transversais ATS STEM

Descrición

Alberto Sacido.png

Somos un equipo docente interdisciplinar que estamos a desenvolver un proxecto STEM dentro do programa europeo ATS STEM no grupo de 1ºESO C do IES Rosalía de Castro.

Durante a segunda e a terceira avaliación estamos poñendo en marcha 2 ciclos de aprendizaxe que parten da experiencia e as motivacións persoais do alumnado que desenvolve en grupo investigacións específicas sobre a pandemia nas materias de Matemáticas, Xeografía e Historia e Bioloxía e Xeoloxía e que comunican mediante diferentes ferramentas dixitais na clase de Lingua Castelá e Literatura. Os resultados do primeiro ciclo son presentacións desas investigacións que se acaban editando en formato de vídeo dixital e que son valoradas de diferentes xeitos: coavaliación mediante rúbricas, heteroavaliación e autoavaliación como a que se pode consultar máis abaixo como mostra en formato audiovisual.

Na actualidade e ata mediados de maio estaremos desenvolvendo unha investigación xornalística tanto sobre o aspecto científico como o impacto do coronavirus nesas mesmas materias que cristalizará, por unha parte, nunha serie de entrevistas e vídeo-reportaxes que serán publicadas na canle dixital do proxecto e, por outra, nun xornal multimedia e plurilingüe dixital, SCQ+2021, que conterá a modo de portafolio e escaparate xornalístico todo este traballo.

Autoavaliación do primeiro ciclo de aprendizaxe

Produto audiovisual do segundo ciclo de aprendizaxe

Datos xerais

Centro educativo  IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
Etapa Educación secundaria
Área ou temática Multidisciplinar. Investigación e impacto da COVID
Datas  Curso 2020-2021

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Diario dixital SCQ

SCQ.JPG

Canle de Youtube

canleYoutube.PNG

Web ATS STEM

 ATS_STEM_logo.png