Descrición
Trátase dunha aventura ou breackout, creada por min e contando coa colaboración do alumnado para algunha cousiña. En proceso de elaboración e coa primeira parte rematada (repaso primeiro trimestre) a aventura estase a elaborar coa plataforma Genially e ten como obxectivo principal valorar a adquisición dos contidos de Lingua Galega de 6º de primaria e reforzar dalgunha maneira as aprendizaxes.
A través deste breackout ademáis de coñecer o museo do Louvre e as súas obras máis importantes, e de visitar Paris e os catro monumentos máis significativos, trabállase a literatura e cultura Galega e a historia antiga. Un traballo completo do que o alumnado está a disfrutar e que confirma que a gamificación nas aulas debe ser unha ferramenta a ter moi en conta.
Neste momento estase a traballar na segunda parte da aventura (repaso 2º trimestre). Inclúese como novidade o achegamento a algunhas pezas clásicas de compositores importantes como poden ser Carl Orff, Mozart, Bach, Vivaldi....
Un agradecemento especial a Cris Chao polas súas aportacións e paciencia.
Datos xerais
Centro educativo | CEIP Mestre Martínez Alonso |
Etapa | Educación primaria |
Área ou temática | Lingua galega |
Datas | Febreiro de 2021 |