Bitácora 6º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

Obradoiro de Contos de Terror no Samaín

 

Este martes , con motivo da cercanía do SAMAÍN , @s alumn@s de 6º de primaria levaron a cabo un obradoiro de contos de terror que resultou ser unha experiencia inolvidable para tod@s. Con moita ilusión , prepararon relatos que deixaron sen alento aos alumn@s de 4º e 5º.

@s alumn@s de 6º pasaron semanas traballando nas súas historias, buscando inspiración en lendas locais e elementos clásicos do xénero de terror. Durante o obradoiro, aprenderon non só a arte de contar historias, senón tamén a importancia de captar a atención do público, utilizar a voz e a expresión corporal para crear atmosferas de suspense e emoción.

Foi unha ocasión fantástica para fomentar a lectura e a creatividade, así como para estreitar lazos entre os diferentes cursos. 

O obradoiro foi un éxito , deixando a tod@s con gañas de máis historias e novas aventuras. Sen dúbida, unha experiencia que quedará gravada na memoria de tod@s @s que participaron!

1.jfif3.jfif4.jfif

Primeira saída do curso!!

                                                                                                                                                                   

         O pasado Xoves día 17  realizamos unha visita á CASA DO PATRÓN en Lalín, onde tivemos a oportunidade de coñecer cousas da nosa historia e  cultura . Durante a excursión, exploramos diferentes espazos do museo etnográfico.

1.jpg

Esfollamos e debullamos  millo e incluso fixemos pan(actividade moi relacionada co noso PDI de centro ,Paparouta)

26.jpg22.jpg7.jpg

 

Estas experiencias permitíronlles aos nen@s apreciar o patrimonio histórico e fomentar o seu interese pola contorna que lles rodea.

jean.jpg

Deixamos voar a nosa imaxinación!!

Esta semana poidemos observar a gran creatividade e imaxinación do alumnado nas aulas mixtas. É inspirador ver como cada un/unha aporta a súa perspectiva e como xuntos/as  imos construíndo un ambiente de aprendizaxe rico e dinámico. 

         Ademáis estamos traballando a  lectura grupal do libro "Matilda". A historia desta nena tan especial non só nos entretén, senón que tamén nos axuda a traballar diferentes destrezas relacionadas coa lectura, como a percepción , memoria , razoamento... Estamos disfrutando moito dos debates e das ideas que surxen entre nós!

lectura6.jpgl6.jpgcreativo.jpg

Conta atrás !

O pasado xoves día 26 fixemos a presentación dos tres grupos de aulas mixtas.

 

As aulas mixtas é unha proposta de traballo que ofrecemos dende o centro grazas a que facilita unha dinámica inclusiva atendendo ás diferencias de cada alumno e alumna.O deseño de actividades multinivel é unha das estratexias que mellor inclúen a todo o alumnado na actividade diaria de clase, sexa cal sexa o nivel de habilidades que presenten.

sexto.gif

        Este ano traballaremos en lingua galega tres destrezas moi importantes :           

  quinto.gif.1

 

A oralidade.( habilidade de comunicarse verbalmente.)

comprensión lectora.(capacidade de comprender e dar sentido á información escrita.)

A  escritura creativa.(modo de espertar ou mellorar a orixinalidade e a imaxinación)

Comeza unha nova aventura!

Con gran ilusión damos comezo a un novo  curso escolar en  6º de primaria!

    Desde o primeiro día realizamos distintas dinámicas que nos axudaron a fortalecer os lazos entre @s alumn@s .Estas actividades permiten que @s distint@s membr@s do grupo poidan expresarse , compartir ideas e coñecer mellor as expectativas dos seus compañeiros e compañeiras.

1727280986902.jpg.1

1727280986880.jpg.1

1727280986918.jpg.2

Ao longo deste curso continuaremos implementando actividades que promovan a cohesión do grupo  e o compromiso coa aprendizaxe.

O noso obxectivo é que cada alumn@ se sinta parte fundamental da clase e que tod@s xunt@s poidamos conseguir  grandes logros.

5 entradas
Details

Os nosos Podcasts