Grannies Project

Descrición

Mercedes Teijeiro Gato.png

Na materia de inglés, o alumnado do ciclo superior de Dirección de Servizos  e Dirección de Cociña do programa DUAL 1 traballou nun proxecto para dar visibilidade ás mulleres do seu entorno familar partindo da idea orixinal do proxecto http://grandmasproject.org/

Reflexionamos sobre a importante papel desenvolvido dentro e fóra do fogar pola mulleres da familia e da súa relevancia na transmisión de saberes centrándonos no ámbito culinario. Cada alumno/a elixiu a súa receita de cociña favorita das elaboradas polas súas avoas ou nais para presentala en inglés. Salientar que os ciclos de Dirección de Servizos e Dirección de Cociña están moi masculinizados con poucas mulleres matriculadas nos mesmos. 

 

O rol da  profesora foi o de guía no proceso de investigación e aprendizaxe así como o de  facilatadora das diferentes ferramentas dixitais para a presentación do produto final. A ferramenta elixida polo alumnado foi o tabloeiro dixital padlet.

O alumnado traballou de xeito autónomo e tomou decisións grupais.

Na aula visionáronse vídeos e analizáronse diferentes proxectos. Na aula de informática o alumnado investigou sobre diferentes ferramentas dixitais. Entregaron as receitas de cociña a través da aula virtual da profesora para a súa corrección.

Datos xerais

Centro educativo CIFP Compostela. Santiago de Compostela
Etapa Formación profesional
Área ou temática Inglés, Dirección de Cociña, Dirección de Servizos, Coeducación, Igualdade
Datas Xaneiro - Febreiro 2021

Centro educativo

 logotipo.png

experiencias-cadrado.png

Padlet

padlet-Grannies.png

Blog

blog-grannies.png

Instagram

Instagram-grannies.png