Descrición
Atendeuse ao alumnado de física e química durante o confinamiento utilizando os recursos da aula virtual, cun resultado que superou as espectativas, coa seguinte pauta:
1º.- Fixar os dias e horas que teríamos clase, de obrigada presencia on-line
2º.- Profesora: Preparar para cada clase un foro sobre os apartados a traballar nese tempo e no correspondente ao estudio da materia, tendo previstas (grabadas) as explicacións teóricas e a resolución de algúns exercicios cos seus gráficos para ir incluíndo no foro a demanda do alumnado.
3º.-Estudantes: saúdar so na primeira entrada do foro. Facer algunha pregunta ou responder a algunha cuestión sobre teoría na entrada do foro correspondente á teoría e por último a tratar cada exercicio na súa entrada correspondente. Logrando así un documento válido para estudiar ou repasar conceptos e problemas de cada tema.
4º.-Promover a axuda e colaboración entre estudantes.
5º.-Cualificar a cada persoa en función do seu traballo, perfectamente cuantificado nos informes de Moodle
O seu uso inicia ao alumnado no traballo colaborativo fomentando as boas prácticas e os procedementos de participación.
O alumnado participa activamente preguntando dúbidas de teoría, resolvendo cuestións que xurden durante as explicacións, comentando os problemas resoltos do libro de texto e resolvendo os propostos, que son comentados, corrixidos e mellorados.
Datos xerais
Centro educativo | IES de Ribadeo Dionisio Gamallo |
Etapa | Bacharelato |
Área ou temática | Física e química |
Datas | Durante o confinamento, de marzo a xuño de 2020 |
Centro educativo
Gráfica de participación