Tarefa 3.1  do curso G2201024 - Formación en Competencia Dixital Docente para o nivel B1 do MRCDD

Presentación

cdb22722a7711dd30bf5da2a99e775a2_400x400.pngOla! Son Carmen Núñez, profesora de ensino secundario dende hai 24 anos. A miña especialidade é a Tecnoloxía, materia que combino dende fai tempo coas materias de TIC, Programación e mesmo Imaxe e Son. 

Encántame a imaxe dixital: debuxo vectorial, retoque fotográfico, modelado 3D, maquetación, vídeo, ... Tamén a programación en entornos gráficos coma Scratch, Blockscad, makecode arcade, arduinoblocks, ...

Imaxe do perfil subidaNon podo evitar seguir sendo curiosidade, gústame probar e aprender cousas novas.

Teño un blogue no que as veces escribo cousas. https://www.aulatecno.es/

Reflexión sobre a avaliación

Cómo comunico a avaliación

As cualificacións son privadas e comunícanse ao alumnado vía aula virtual Moodle ou Edixgal xunto coa realimentación asociada ás mesmas. A evolución das cualificacións do curso tamén pode seguila o alumnado de xeito ordeado no libro de cualificacións da AV.  As tarefas adoito avalialas mediante rúbricas dentro do propio Moodle visibles ao alumnado no momento da entrega de forma que poidan facer unha autoavaliación previa. No caso dos cuestionarios realizados na clase, gústame analizar coa clase a gráfica de barras que o propio Moodle xera para que podan ver a distribución das notas e analizar a súa forma, o seu máximo, coma forma de avaliar a propia proba. Para determinado tipo de tarefas reflexivas estou a experimentar cos Obradoiros de coavaliación en Moodle.

As cualificacións son introducidas no sistema a través de XADE e comunicadas ás familias mediante a aplicación Abalar Familias.

 

Deseño dunha situación de aprendizaxe

Deseñei unha situación de aprendizaxe cuxo produto final é a creación de chaveiros personalizados para imprimir en 3D xunto cun diario de aprendizaxe e a promoción do obxecto realizado en grupo.  Vai na mesma liña que a tarefa que presentei na tarefa 1.2 do módulo 1 do curso.

A avaliación se realizará de xeito global con auto, co e heteroavaliacións empregando as rúbricas coma insturmento fundamental da mesma.

Deseño dunha situación de aprendizaxe

Instrumento dixital de avaliación

Coma instrumento dixital de avaliación dentro da situación de aprendizaxe anterior creei unha rúbrica para avaliar o obxecto modelado en 3D que se incluiría dentro dun obradoiro de coavaliación e autoavaliación para que o alumnado avalíe o seu deseño e os dos seus compañeiros/as de equipo.

rubrica_companeiros.png

 

Ferramenta de avaliación para que o profesor avalíe o aprendizaxe do alumnado

Na situación de aprendizaxe deseñada, como veño facendo na miña práctica docente,  para a avaliación global e o seguimento da mesma empregaría os libros de cualificación de Moodle. Non obstante, hai un paso cuxa avaliación non considero que deba ser compartida deste xeito co alumnado que é a avaliación do traballo en equipo. Para esta avaliación, que pode estar a disposición das familias e que é necesaria dende a perspectiva de formación integral do alumnado, pensei nunha folla de cálculo para realizar un gráfico tipo diana de avaliación para ver as distintas actitudes e contribución do alumnado dentro do grupo.

avaliacion_equipo.png

Podes descargar o ficheiro para poder realizar esta avaliación na ligazón que segue.

Ficheiro Folla de cálculo avaliación traballo en equipo descarga