Con que soñan os poetas insomnes?

Descrición

13.png

En realidade non se pode falar dunha experiencia puntual, senón dunha forma de entender a escola. O blog O Club dos Poetas Insomnes relata os proxectos levados a cabo na aula e pautados, coordinados e planificados na aula virtual (Moodle e E- Dixgal). É un traballo cooperativo de todo o alumnado matriculado na materia de Lingua Castelá e Literatura e Igualdade de Xénero. Doutra banda, danse a coñecer tamén os proxectos vinculados ao Plan Proxecta no que participa profesorado de distintas materias. Este ano no programa Donas de Si están implicados doce profesores e profesoras das materias de Francés, Matemáticas, Física e Química, Educación Plástica e Visual, Tecnoloxía, Música, Filosofía, Lingua Castelá e Literatura.

Dada a traxectoria continua de traballo, creáronse páxinas web (De clase, Por igual e Por sí mismas. Álbum de Mujeres de Lugo) co material xerado para compartilo co profesorado.

Que proxectos podemos destacar este curso?

  •  Xa é hora de c@ntar: Gravación dun videoclip de denuncia da invisibilización das mulleres. Proxecto interdisciplinar (Música, Literatura e Educación Plástica e Visual). Pasos: Creación dunha base musical, elaboración por parte do alumnado dunha letra denunciando a invisibilización da muller no ámbito académico e preparación dunha coreografía. Pronto publicaremos o resultado final.

  • Elaboración da páxina web Por sí mismas. Álbum de Mujeres de Lugo. Cada alumno/a encárgase da investigación dunha muller e da realización dunha infografía. Exposición polo Día da Muller dunha muralla de mulleres representativas.

  • ¡Por una vida sin máscaras! Proxecto interdisciplinar (Francés e Igualdade de Xénero). Vinculación da COVID-19 e a violencia machista. Uso da máscara como instrumento de denuncia do maltrato e da desigualdade.

  • Recordar, recordis, volver a pasar por el corazón... Proxecto internivelar do departamento de Educación Plástica e Visual que implicou non só ao alumnado senón tamén ao profesorado. Exposición plástica de mulleres que marcan as nosas vidas.

  • Intervencións do alumnado nas aulas polo Día da Muller con representacións dramáticas, traballos de investigación, performances...

  • Intervención de alumnado nas rúas. Enquisas á xente, performances. Gravación dun vídeo coa experiencia: Borrando desigualdades. Este alumnado recibiu o segundo premio no certame de Tik Tok LugopolaIgualdade convocado co gallo do X Aniversario da Casa da Xuventude. Participaron nos Faladoiros de Xuventude Activa.

 E outros proxectos que poden seguirse no blog.

Vídeo: Con que soñan os poetas insomnes?

Vídeo: Borrando desigualdades

Datos xerais

Centro educativo IES Ánxel Fole (Lugo) 
Etapa  ESO e Bacharelato
Datas  Dende setembro de 2020

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Blog

logoblog.JPG

Web clase

portadablogue.PNG

Web Por Igual

webporigual.JPG

Web Por si mismas

porsimismas.JPG