Bitácora 2º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso blog RSS

Traballo da semana: alimentos, carta, obradoiro e concerto.

A semana pasada fixemos moitas cousas que queremos compartir.

Traballamos cos alimentos.

Seguimos a traballar con diferentes alimentos vendo as súas propiedades, facendo receitas,  recolectando as sementes,... todo dentro do traballo curricular que se enmarca dentro do PDI "PapaRouta"

  • Receitas de pementos. Preparamos riquísimos pementos qu elogo puidemos degustar no petisco.
  • Cortamos e pelamos cabazas. Que duras estaban! Escribimos a receita da crema de cabaza.
  • Receitas creativas de Samaín.
    Festa do Samaín, ofrecemos mazorcas de millo. E investigamos moito sobre a súa orixe.

Traballo da semana 2º: alimentos, carta, obradoiro e concerto.45.jpeg

Escribimos unha carta:
Escribimoslle unha carta ás compás de 1⁰ para desexarlle o mellor na etapa de primaria, e logo fomos persoalmente a entregarlla.



Traballo da semana 2º: alimentos, carta, obradoiro e concerto.26.jpeg

Día das bibliotecas:
O día das bibliotecas, tivemos un obradoiro de ciencias con Arenaria sobre o PDI deste curso.

Traballo da semana 2º: alimentos, carta, obradoiro e concerto.30.jpeg

Primeira Saída.
Saímos a Compostela a ver un concerto "O Grande Beethoven" interpretado pola Real Filharmonía de Galicia dirixida por Joana Carneiro como invitada.

Ver Imaxes

 

Froitos do outono.

Seguimos traballando con alimentos de outono. Esta semana aprendemos moito con, pementos, cabazas, mazás e noces verdes.
Extraemos as sementes para deixar a secar, gardar e cando chegue o tempo plantar. Observamos froitos carnosos e froitos secos e tamén como é a súa planta.
Probamos as noces verdes e gustáronnos. Agora deixamos na aula unha mostra a secar, canto tardará?
O seguinte traballo é facer receitas e cociñar con estes alimentos.

E aproveitando esta época tamén tivemos un obradoiro micófilo.

Ver artigo Obradoiro micófilo

froitos outono 2º3.jpeg

obradoiro micófilo 2º1.jpeg

Ver álbum con tódalas imaxes

 

 

Cores cálidas - Outono

MIXTO: plástica
II Proposta: Collage de outono

OBXECTIVOS:

  • Identificar e diferenciar diferentes tipos de papel.
  • Explorar características sensoriais dos papeis (tacto, son, textura)
  • Crear texturas e formas utilizando técnicas como rasgar, enrrugar, pegar...
  • Fomentar a cooperación na creación dunha obra común.
  • Desenvolver habilidades de motricidade fina e coordinación ollo-man.
  • Identificar e clasificar cores cálidas e frías.
  • DEsenvolver a capacidade de observación, sentido estético e coordinación motora fina, fomentando expresión artística e creatividade.

IMG_20241016_111236.jpg.1

IMG_20241016_125852.jpg

IMG_20241016_150856.jpg

 

Fermentación e circuíto de matemáticas

Ao longo da semana levamos a tabo diferentes tarefas: creamos a nosa vide, fixemos o experimento da fermentación que non saiu no tempo previsto porque tivemos un erro, decidimos agardar máis tempo e finalmente conseguimos observar a fermentación.

fermentación e circuíto de mates 2º3.jpeg

E no circuíto de mates facemos sumas deseñando caras, co tangram compoñemos figuras e xa estamos compoñendo e descompoñendo co material de base 10 números ata o 1000.

fermentación e circuíto de mates 2º18.jpeg

Ver álbum con tódalas imaxes

 

Fixemos zume de uva.

E… como este ano o PDI vai de PAPAROUTA, que mellor que comezar con produtos de tempada.
Nesta época do ano podemos degustar unha froita moi saborosa: a uva.
Na nosa clase fixemos zume de uva e gozamos moito con esta froita, levando a cabo moitas actividades.

Traballamos coa denominación de orixe Albariño e comparamos con outras denominacións da zona.

denominacións orixe.jpeg


O primeiro foi facer cata de uvas. Investigamos os tipos de uvas, as súas cores, descubrimos que recoller uvas chámase vendima, que se obtén da uva…
O zume estaba delicioso.
Seguimos traballando porque a uva da para moito!

Zume de uva 2º.jpeg

Ver álbum con tódalas imaxes e video

jean.jpg

Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

9 entradas
Details

Os nosos Podcasts

MODO GALEGO. ACTÍVAO!

Aquí atoparás tódalas tarefas que iremos facendo co MODO GALEGO, ACTÍVAO!

WEB MODO GALEGO ACTÍVAO.jpg

As 4R EcoPatrulla

Descargar 4R ECOPATRULLA.mp4 [60.44MB]
Details

A nosa horta

Aquí iremos poñendo as cousas que fagamos na horta.