Bitácora 3º Primaria

arcodavella transparente.png

O noso Blog RSS

Historia Viquingos grupo mixto.

O alumnado de segundo ciclo estivo a traballar sobre os viquingos no agrupamento mixto para coñecer un pouco de historia. Elaboraron un Drakkar que é a embarcación coa que se desprazaban para realizar as súas incursións en diferentes países. Aquí vos deixamos unhas imaxes dos seus traballos.

Vikingos mixto 3º e 4º1.jpeg

Ver álbum de imaxes

 

Robótica no grupo mixto.

No grupo mixto ademais dos experimentos de Samaín que xa puidestes ver seguimos traballando nas propostas de robótica e matemáticas.

Así pois, continuamos introducindo a robótica como unha ferramenta que axuda ás nenas e nenos a desenvolver o pensamento lóxico e a resolución de problemas, a través da programación sinxela e o uso de robots educativos. Nesta unidade didáctica, ampliamos os coñecementos traballados ata agora, incorporando como centro de interese o Samaín, creando proxectos temáticos onde se combinan creatividade e coñecementos de varias áreas curriculares.

video robotica mixto 3º 4º.jpg

Ver vídeo de Robótica do grupo mixto

Na proposta matemática continuamos traballando co tempo partindo de tres recantos nos que soñamos un horario para a escola, cos horarios dos diferentes buses escolares fixemos retos para averiguar os tempos transcurridos, se chegamos a tempo á parada... E tamén practicamos as horas en formato analóxico e dixital. E como o tempo non para de correr con isto pechamos as propostas relacionadas con el.

Seguimos construíndo xuntas.

Mixtos reloxo 3º 4º1.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º2.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º4.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º3.jpeg

Mixtos reloxo 3º 4º5.jpeg

Traballamos coas palabras

O alumnado de 3º repasou os contidos traballados con actividades relacionadas coas palabras sinónimas e antómas, ortografía de palabras coas letra c e que e a clasificación de palabras atendendo ó numero de sílabas, tamén realizaron lecturas varias de libros con diferentes temáticas.

Traballando con palabras 3º29.jpeg

Ver álbum de Imaxes

 

Saída á Feira Maker de Oficios na Casa das Máquinas de Santiago.

O alumnado de segundo ciclo de primaria a semana pasada estivemos visitando a Feira Maker de Oficios na Casa das Máquinas de Santiago.

saida-feira-maker-3-e-4-24.jpg

Tivemos a oportunidade de aprender de artesás e artesáns participando nun obradoiro de estampación de Amor ao Teu e outros dous de Cianotipia e Marmolado de Peixesapop, dos que ademais puidemos levar connosco as nosas creacións.

saida-feira-maker-3-e-4-1.jpg

Ademais disto vimos a outras artesás e artesáns, aprendemos moito e desfrutamos do traballo de ferrería de J. Eiroa Forxa.

saida-feira-maker-3-e-4-11.jpg

Volvimos ao cole cheos de aprendizaxes, artesanía feita por nós e bos recordos.

Ir ao álbum de fotos.

Obradoiro de "Ciencia Terrorífica"

No grupo mixto de 3º e 4º fixemos un obradoiro de “CIENCIA TERRORÍFICA” no cal puidemos realizar diferentes experimentos coma son os “monstruos escumosos” que consistía en ver como reaccionaba o vinagre ó entrar en contacto con bicarbonato que botamos nuns vasos con caras terroríficas e botaban escuma pola boca.

experimentos-mixto-3-e-4-1 (14).jpg

Tamén fixemos outro “o globo que se infla só” coas mesmas substancias no cal un globo se inflaba debido ó gas producido pola mestura de vinagre con bicarbonato. Outro dos experimentos consistiu nunha luva que se inflaba debido a que a auga empuxaba polo aire e conseguía que se inflara .

experimentos-mixto-3-e-4-1 (18).jpg

E finalmente creamos unhas mans terroríficas de auga e témperas de cores con arañas, ratas, ollos e cordeis, que enchemos con auga e conxelamos para logo ver como reaccionaba ó botarlle sal.

experimento-man-mixto-3-4-12.jpg

Ver álbum de imaxes

9 entradas
Details

Os nosos Podcasts