GRAZAS!!!!
OS MAIOS DE 2º E 3º. GRAZAS!
TOCAMOS AS LATAS POLO MEDIO AMBIENTE!
RADIO SAGRADO CORAZÓN 3ºB (abril 2020)
ACTIVIDADES dun mestre en apuros!!
Neste apartado do blogue estarán arquivadas todas as actividades do periodo de tempo citado no título do post.
SERGIO VALLEJO
FÚTBOL, PIÑAS Y OTRAS COSAS DE CONTAR
CONTOS DO SAHARA
DON RICARDO CARVALHO CALERO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS. POEMAS
SALUDO Y ÁNIMO DE NUESTRO COMPAÑERO SAMU A SUS EXCOMPAÑER@S DE EL SALVADOR.
ENTREVISTAS Á FAMILIA
SAÚDOS E PARABÉNS DA PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
Estimado Óscar:
Na Presidencia da Xunta de Galicia recibimos o seu correo electrónico no que manifestaba o seu interese en expoñer o traballo realizado polo alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria do CEIP Sagrado Corazón de Lugo durante estes meses de confinamento.
Permítame que, ante todo e aínda cunha certa demora que espero poidan desculpar, lles transmita o noso sincero agradecemento por poñerse en contacto connosco para facernos chegar a súa proposta, así como unha pequena mostra deste interesante proxecto que ten como finalidade a promoción socio-cultural da cidade de Lugo e os seus arredores.
Desde logo a súa iniciativa demostra un gran interese polo desenvolvemento educativo e a formación dos seus alumnos e alumnas. Anímolles a continuar desenvolvendo este tipo de actividades, tan importantes para a súa aprendizaxe, que sen dúbida contribuirán a que coñezan e valoren o patrimonio cultural e artístico da nosa comunidade.
Somos conscientes do gran esforzo e dedicación que están a facer vostedes e os seus compañeiros para manter a actividade nestes difíciles momentos que estamos a vivir, apoiando e motivando ao alumnado. Grazas ao traballo e entrega de docentes coma vostedes, así como ao de moitos outros sectores da nosa sociedade, Galicia vai saír de esta crise sanitaria máis reforzada e unida.
Respecto á súa proposta, infórmolle que dei traslado do seu contido á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o seu coñecemento.
Reitérolle a nosa gratitude e aproveito a ocasión para enviarlles un cordial saúdo, que fago extensivo aos alumnos e alumnas que participaron neste traballo.
O secretario xeral da Presidencia
MAIOS E COPLAS EN SG LUGO 3ºB (abril 2020)
FELICIDADES DIVERS@S!!
Aprendizaxe da vida!!
NO SOMOS DISTINTOS, NO.
GRAZAS MIL XENTIÑA!!
Pequenos grandes artistazos en vídeo!!
ILÚSTRANOS!!
SEGUIREMOS SOÑANDO!!
RITMO DE RECICLAXE, IDE PRACTICANDO!! R&R
CARTACES TURÍSTICOS 3ºB SG LUGO (maio 2020)
Chegou o Maio
INDICADORES DE AVALIACIÓN PARA FAMILIAS!!
Neste APARTADO aparece a ADAPTACIÓN da programación de aula.
Os INDICADORES DE AVALIACIÓN e os CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN.
3ºB
OS TOCA A VOSOTR@S EVALUARNOS!!
ACTIVIDADE DE TURISMO D@S NEN@S E CARTA DA CONSELLEIRA.
Estimadas familias, antes de nada queremos felicitarvos polo traballo feito polos vosos fillos e o que os apoiástedes na elaboración duns magníficos folletos para promocionar a provincia de Lugo.
Temos ata unha carta de conselleira de educación onde se nos pide que felicitemos aos artistas responsables de tan bo traballo.
Aquí tedes a compilación dos traballos e a carta de Carmen Pomar, conselleira de educación.