Bitácora 1º Primaria

arcodavella transparente.png

Blog de 1º de Primaria RSS

PDI E JEAN MONNET - A HORTA DE SIMÓN

Durante este curso, o noso centro participa no proxecto Jean Monnet que relacionaremos co PDI Paparouta.

Na nosa aula ímonos centrar nas alerxias e intolerancias. Para iso o primeiro que fixemos foi analizar os coñecementos de cada quen sobre o tema. Por sorte na nosa aula hai moita información, aínda que non debemos confundir intolerancia e alerxias con: non me gusta ou incluso, non é saudable.

Partimos coma sempre dunha lectura, neste caso A horta de Simón.

1540-1-539333287.jpg

Segundo UE, hai 14 alérxenos que deben estar detectados nos alimentos e pratos que tomamos ou mercamos.

Estas son as tarefas para estas sesións.

Grupo: Recoñecer e escribir símbolos das táboas de alérxenos.

Grupo: Clasificar alimentos entre SEGURO/NON SEGURO.

Grupo: Debuxar alimentos variados do libro e outros (en tarxetas).

IMG_20241105_110616.jpg

IMG_20241105_110554.jpg

 

Proxecto Actividade Jean Monnet 2024.

Alerxias e intolerancias: parte I.

Co-financiado pola UE.

SAMAÍN - PEDRO CHOSCO

Logo do proxecto anterior, tivemos un miniproxecto de Samaín. 

Centrámonos en Pedro Chosco, con el descrubrimos outros símbolos da cultura galega, como a lamia ou o nubeiro.

O alumnado tivo que ordenar, escribir e clasificar os meses e estacións do ano; relacionar o Samaín coa fin da colleita e representar a Pedro Chosco facendo unha pequena descrición do personaxe. Ademais gravaron sons de medo con elementos da natureza (paus, pedras, follas...) creando unha veradeira historia de terror sen palabras.

PedroChosco-768x552.jpg

NON FAI FALTA A VOZ

Os martes e venres o alumnado traballa una sesión de estacións. Isto é: a aula divídese en tres grupos estables. Un grupo participa nunha actividade autónoma, outro nunha actividade de lectoescritura dirixida e outro nunha actividade relacionada coa biblioteca escolar dirixida. As tres actividades están relacionadas dentro dun proxecto común.

O noso primeiro proxecto centrouse no libro Non fai falta a voz, relacionado co resto de dinámicas de aula a través das emocións.

As actividades foron:

  • escritura do título con letras móbiles, en copiado, vocabulario de animais que participan, do barullo que fai cada animal, vocabulario ampliado de máis animais que non aparecen no texto.
  • copia da portada do libro identificando título e elementos que aparecen, silueta de animais a través de xoguetes realistas de animais, deseño e ilustración de caretas.
  • desenvolvemento da expresión corporal verbal e non verbal, interpretación e dramatización do conto.

Ademais no grupo aula traballouse o texto teatral, a estructura de libreto e as partes esenciais no deseño dun póster.

O proxecto culminou coa representación teatral no cole, coa presenza das familias.

th-896485764.jpg

Ver o video da representación teatral

 

Cores cálidas - outono

MIXTO: plástica
II Proposta: Collage de outono

OBXECTIVOS:

  • Identificar e diferenciar diferentes tipos de papel.
  • Explorar características sensoriais dos papeis (tacto, son, textura)
  • Crear texturas e formas utilizando técnicas como rasgar, enrrugar, pegar...
  • Fomentar a cooperación na creación dunha obra común.
  • Desenvolver habilidades de motricidade fina e coordinación ollo-man.
  • Identificar e clasificar cores cálidas e frías.
  • DEsenvolver a capacidade de observación, sentido estético e coordinación motora fina, fomentando expresión artística e creatividade.

IMG_20241016_111236.jpg.1

IMG_20241016_125852.jpg

IMG_20241016_150856.jpg

 

Facemos marmelo

Dentro do traballo ao redor do PDI "Paparouta", o alumnado de 1º EP cociñou o marmelo que cultivamos na horta do CEIP de Barouta. No apartado de Audios - Radiobarouta da web podedes escoitalo.

 

7 entradas
Details

Os nosos Podcasts