Descrición
Este proxecto realizouse nos meses de abril e maio do 2020 en plena pandemia, situación atípica tanto para o alumnado confinado nas súas casas, coma para os usuarios da residencia DomusVi de Chantada.
A actividade levouse a cabo pola coordinación entre as traballadoras da residencia (psicóloga, terapeuta ocupacional e educadora social), a profesora de castelán do instituto, o alumnado de 1ª ESO do IES Rodeira e as familias do alumnado.
A docente explicoulle ao alumnado a situación de desánimo dalgúns residentes e que recibir unha carta dos adolescentes os motivaría. Por outro lado, o alumnado emocionouse ao coñecer o proxecto de lingua castelá "Unha carta unha ilusión". Produciuse un intercambio de cartas moi emotivo entre diferentes xeracións pero que tiñan en común que se enfrontaban ó virus cos mesmo medos e temores.
Os pais e nais do alumnado participaron unindo lazos interxeracionais e promovendo o entendemento e conexión nunha situación de pandemia mundial.
Datos xerais
Centro educativo | IES Rodeira de Cangas do Morrazo |
Etapa | Educación secundaria |
Área ou temática | Ámbito lingüístico |
Datas | Abril e maio de 2020 |