Descrición
Este curso 2021 o proxecto do centro está adicado ao Ano Xacobeo. Deseñamos no colexio un Camiño Virtual polo que a rapazada percorreu diferentes etapas sinalizadas nos corredores con marcas do camiño e frechas amarelas. Cada sinal dispón dun QR que redirecciona á cativada a probas específicas en formato dixital. Estas probas están baseadas na escoita de avatares que lles explican cada unha delas e teñen que resolver mediante xogos de preguntas e respostas en formato "Break Out". As probas están axeitadas ás diferentes etapas educativas dende Infantil a ESO e o obxectivo é chegar a Santiago despois de adiviñar e ter superado todos os retos.
Os participantes son os alumnos dos diferentes niveis que teñen o rol de peregrinos e os mestres que teñen o rol de apoio, xa que no caso dos máis pequenos o manexo das ferramentas dixitais pode resultar un pouco complexo.