En que che podemos axudar 3.0

Descrición

ANDREA, BEGOÑA, MARÍA JOSÉ, MIGUEL Y ÓSCAR.png

Este traballo fíxose no curso 2020/21, no último trimestre do ano académico pasado, nas circunstancias que tod@s coñecemos. O traballo foi feito por alumnado do CEIP Sagrado Corazón de Lugo, colexio que contaba nesas datas cuns medios tecnolóxicos completamente deficientes, nulos.

O barrio do CEIP está no extraradio da cidade, e o alumnado reafirma a palabra diversidade, tendo os medios máis xustos posibles. Traballamos coa nosa "xentiña" dende móbiles con tarxeta, repartindo polas casas as tarefas e recollendo o material en "coches patrulla", comunicándonos en árabe, rumano ou catalán coas nosas familias. Unha verdadeira odisea que nos fixo aprender e crecer como mestres/as.

Coa aprendizaxe de servizos (APS) como identidade, cunha mestra de inglés que nos permitiu chegar a onde non contabamos, un técnico experto en TIC, unhas titoras con moita imaxinación e unha xentiña con inmensas ganas de traballar chegamos máis aló do centro, do barrio e da cidade. Traballamos o currículo achegando optimismo e un sorriso á cidade, ó barrio e ás nosas colaboradoras familias.

O resto, incluído o agradecemento da Conselleira polo esforzo do alumnado, pódeno ver no enlace do noso portfolio Agueiro.

Páxina de Agueiro

Agueiro1.JPG

Datos xerais

Centro educativo CEIP Sagrado Corazón de Lugo 
Etapa Educación primaria
Área ou temática Global e inter/intradisciplinar
Datas Do 19 de marzo de 2020 ao 30 de xuño de 2021

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Nova EL PROGRESO

nova.JPG