CursoTitoriais

Descrición

Jose Alberto Vega Paniagua.png

Logo dunha primeira configuración da nova versión da aula virtual corporativa e unha vez concretadas as tarefas que cada centro tiña que levar a cabo na mesma dentro do proxecto Webs Dinámicas durante o mes de setembro de 2020 para cumplir co esixido polo protocolo COVID no seu apartado 29 en relación ás aulas virtuais de centro, ocorréusenos actualizar un curso que xa tiñamos creado na propia aula nomeado Sala de Profes, dispoñible no menú superior da aula virtual e accesible para todo o profesorado cun contrasinal.

Nesta Sala, ademais de información relacionada coas TICs e diversos documentos de centro dirixidos ao profesorado, estableceuse claramente o protocolo ou pasos a seguir (indicando con cores se os pasos estaban pendentes de realización ou xa rematados) para cumprir as directrices marcadas pola Consellería e diferentes recomendacións de Webs dinámicas, inspección, CFR de O Barco e asesor Abalar de zona.. Como se pode comprobar accedendo á sala están indicados secuencialmente tódolos pasos e tarefas a realizar pola miña parte como administrador da aula e por parte do profesorado - asignado co rol de creador de curso - e do propio alumnado que se encargou da súa automatriculación nas diferentes materias.

Animado polo éxito da iniciativa, como dinamizador TICs - no centro non existe a figura de coordinador/a - plantexeime a idea de facer un cursoTitorial que fose de axuda aos meus compañeiros e compañeiras docentes – e por extensión ao seu alumnado - para implementar un espazo virtual de aprendizaxe (EVA) aproveitando a ferramenta corporativa Moodle. E iso levoume a facer máis adiante unha unidade didáctica completa de exemplo, neste caso en castelán e para 6º de Educación Primaria. A idea era que calquera poidese descargala en formato .mbz, incorporala na aula virtual do seu centro e así poder "destripala".

O material está dispoñible con licenza CC na sección cursoTitoriais no menú superior na aula virtual do noso centro con acceso como convidad@, sen contrasinal. O acceso á Sala de Profes está no mesmo menú e co acceso de convidad@ co contrasinal "hidroxel".

Pola miña parte o obxectivo de axudar aos compañeiros e compañeiras foi acadado, pero se pode servir de axuda a outros centros de ensino moito mellor :-)

Videotitoriais

  banner-videotitoriais.png

Datos xerais

Centro educativo IES Lauro Olmo – O Barco
Área ou temática Formación en Moodle para o profesorado
Datas Dous primeiros trimestres do curso 2020/2021

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Aula virtual

aulavirtualLauroOlmo.JPG

cursoTitorial

  

logoCurso.JPG

UD en Moodle

 logoUD.JPG

Sala de profes

 

salaprofes.PNG