O modelo Flipped Classroom e a  súa adaptación á pandemia

Descrición

Sanmartin.png

A Experiencia que presento ven a colación da mesa redonda que terá o evento de Aula Invertida e Gamificación. Levo dende o ano 2014 introducindo a metodoloxía da aula inversa ou flipped classsroom nas materias que imparto, matemáticas e física e química. E digo levo porque cada ano vou intentado mellorar a miña proposta didáctica coa creación de novos materiais como os da imaxe. Neste caso, e tamén propiciado polo pandemia e o confinamento, quixen aglutinar os materiais correspondentes a unha unidade ou elemento de aprendizaxe nunha infografía. Estes dous exemplos corresponden a unidade de logaritmos e ecuacións exponenciais en matemáticas e reacción química en física e química. En ambas pódense atopar os vídeos propios correspondentes a unidade (propios do flipped), os apuntes o diapositivas colgadas na rede, xogos elaborados por min coa plataforma Genially, fichas interactivas e outros complementos.

Podese ver as unidades na web www.juansanmartin.net.

Ficheiro PDF

Datos xerais

Centro educativo  C.P.R. Plurilingüe Vila do Arenteiro - O Carballiño
Etapa Educación secundaria 
Área ou temática Matemáticas, Física e Química
Datas  Dende o ano 2014

Centro educativo

experiencias-cadrado.png

Web

websanmartin.JPG