Descrición
A experiencia consiste en empregar a avaliación entre pares ou a coavaliación como unha oportunidade de aprendizaxe, empregando a ferramenta Obradoiro de Moodle.
Esta experiencia lévoa a cabo despois de ter participado no proxecto "Olladas Caleidoscópicas" - CAFI, dentro do grupo de avaliación> avaliación entre pares/coavaliación.
Ao rematar o curso decidín por en práctica na miña aula (5º Primaria-EDIXGAL), o prototipo creado.
Datos xerais
Centro educativo | Ceip Amadeo Rodríguez Barroso - Ourense |
Etapa | Educación primaria |
Área ou temática | Avaliación entre pares ou coavaliación |
Datas | Febreiro e marzo de 2021 |