O proceso de fabricación da incubadora / O proceso de fabricación da incubadora /
Os primeiros dias de vida

 Nestes días, logo de nacer, os pitiños estiveron moi ben coidados polos seus "pais" adoptivos, os nosos alumnos. Non lles faltou de nada, nin auga, nin comida e como vedes tampouco estiveron faltos de agarimo: IMG_20210317_120402.jpg.1

IMG_20210317_120425_1.jpg

   Así que agora coma chegou o fin de semana e estaban moi estresados, fóronse a pasar a ponte nunha casa de "turismo rural" a cargar as pilas para a vindeira semana, na que xa estarán moito máis fortes e os levaran os voluntarios e voluntarias para seren adoptados. 

   Moitas gracias a toda a comunidade educativa do CIFP Ferrolterra, que se involucrou moito co proxecto. Tanto foi así, que temos xa moitoas mais candidaturas para a adopción que pitiños. Asi que teremos que facer a semana que ven un sorteo para repartilos. Estade atentas ao correo e as vindeiras novas nesta páxina.