Usuarios
Para poder ser usuario de Agueiro debes ser profesor/a ou alumno/a dun centro educativo galego de educación infantil, primaria ou secundaria. Ademáis, se o teu centro educativo xa dispón da súa propia comunidade educativa dixital dentro desta plataforma, poderás acceder a todas as funcionalidades específicas das comunidades.
O teu perfil de usuario é visible polos membros da túa propia comunidade dixital educativa (centro educativo en Agueiro), polo que debes poñer especial atención aos datos que mostras no teu perfil.
Debes ser totalmente responsable cos teus propios datos persoais.
Se decides que non queres mostrar ningún dato no teu perfil, simplemente elimina todos os elementos que aparecen na túa páxina do perfil.
O propio usuario é o único responsable dos seus propios datos e dos seus contidos publicados nesta plataforma. É responsabilidade do/a usuario/a a realización de copias de seguridade dos seus propios contidos.
Roles de usuario
En todas as comunidades educativas dixitais (centros educativos en Agueiro) existen o rol de administrador e mais o rol de xestor.
O rol de administrador será asumido por un ou varios responsables do centro educativo e o rol de xestor será asumido polo profesorado dese mesmo centro.
Tanto os administradores como os xestores serán os encargados de velar polo bo funcionamento da súa propia comunidade e o cumprimento das normas.
Os administradores xestionan íntegramente a súa comunidade, incluíndo as altas e baixas dos usuarios membros da súa comunidade, e os xestores controlan o funcionamento dos grupos.
En algúns grupos tamén pode existir o rol de titor (un profesor membro do grupo), que exercerá as funcións de moderador do grupo.