Blog de Rocío Varela Esmoris / Blog de Rocío Varela Esmoris /
DISFRACES PARA O ENTROIDO

Ola de novo!

Xa nos está a chegar o arrecendo das orellas e das filloas e iso é sinal de que o Entroido está a chegar. Por iso, deíxovos aquí ideas para levar a cabo o disfraz deste ano. Seguro que entre tod@s facemos algo bonito e o máis importante, que os nenos e nenas o disfruten.

Como xa sabedes a temática deste ano no cole, é o cine. Misturando o cine coa robótica...que mellor que película de "Wall-e".

Pixar-explica-por-que-no-habra-secuela-de-Wall-E.jpg

Ainda que eu vou falar da película na clase sería bo que intentásedes estes días vela na casa. Se pinchades na foto anterior, deixo un pouco máis de información.

Precisaremos unha camiseta/sudadera negra de manga larga e unha camiseta amarela  manga curta para levar por enriba, que será a que "tunearemos". Deixo dúas fotos para que escollades o estilo que máis vos guste para facer algo parecido cos nen@s na casa. Si alguén non pode facelo, que fale comigo. Podedes usar o material que queirades para adornar as camisetas. Tamén necesitarán un pantalón ou mallas negras. Do resto do disfraz encargareime eu con eles na clase (cabeza, ollos, pinzas das mans...)

disfraz 1.jpgdisfraz 2.jpg

Pois polo momento nada máis. Si tedes dúbidas, xa sabedes onde atoparme!

QUE VIVA O ENTROIDO!

CONTINUARÁ....

 

 

 

 

 

© Rocío Varela Esmoris, all rights reserved