Blog de Rocío Varela Esmoris /
QUE COMECE A FUNCION! (PARTE 1ª)

Alá polo mes de setembro propúxenlle a Karina levar a cabo un proxecto de lingua galega baseado no teatro. Tivemos a sorte de que Karina aceptou e que se puideron axustar os horarios.

A partir dese momento, levamos adiante un proceso de programación para poder traballar os contidos propios do currículo de galego: vocabulario,  lectura, expresión escrita, diferentes tipos de textos e como máis lles custa: falar e expresarse en lingua galega.

Eles e elas nin se deron conta. As sesión foron de dramatizacións, xogos de "role playing", lecturas de obras, contos e poemas, "castings" para escoller ás personaxes das obras,..

E por fin, despois de adaptar os textos, repartíronse os papeis e nos puxemos a estudar e ensaiar duramente.

En Claustro decidiuse enmarcar as actuacións dentro da Semana cultural das Letras Galegas que se fai no cole cada ano.

Tocaba poñerse a facer decorados e vestiario. E para isto foi fundamental a colaboración da profe Nerea na súa materia de Plástica. Aquí tedes unha mostra da preparación dos decorados:

WhatsApp Image 2023-05-21 at 10.44.47.jpegWhatsApp Image 2023-05-21 at 10.44.18.jpegWhatsApp Image 2023-05-05 at 10.33.11.jpegWhatsApp Image 2023-05-05 at 10.31.54.jpeg

WhatsApp Image 2023-05-05 at 10.31.02 (1).jpeg

CONTINUARÁ...

© Rocío Varela Esmoris, all rights reserved