Ola, familias!
E chegou o venres, o gran día. Íamos comer "A MELLOR SOPA DO MUNDO".
Unha mestura de nervios, ilusión, esforzo, e moita lingua galega chegou ao escenario. Era o momento de representar a obra que levávamos tanto tempo preparando para os nosos compañeiros e compañeiras de infantil e primeiro de primaria.
Unha gran nevarada caeu sobre o teatro provocando un fin de festa marabilloso e inesquecible. Agardo que o gocedes!
E AGORA...O VÍDEO DO ENSAIO XERAL!