Texto

OS XOGOS POPULARES CON MATERIAL DE REFUGALLO

 

 Coa chegada do outono no colexio Agro do Muiño celebramos o Magosto. Por esas datas as mestras de Educación Física quixeron que os nenos e nenas rememoraran os xogos populares, aqueles aos que xogaban os nosos avós e avoas.

Estes xogos foron todo un acontecemento porque non son calquera xogo, senón que ademais, algúns deles están feitos con material de refugallo

Este é o caso do xogo dos bolos, para a consttución dos mesmos empregaron cabeceiros de camas e mesillas de noite. 

Tamén do xogo do aro ou roda, para este empregouse rodas de bicicleta vellas que se ían tirar ao lixo.

E por último, non nos podemos esquecer, do xogo das chapas. Neste caso empregouse algo tan sinxelo e que case todos e todas temos nas nosas casas, chapas de cervexa ou tapóns de botellas.

Esperamos que desfrutedes de ver como xogan os rapaces e as rapazas con algúns xogos populares da nosa zona.

Clica na imaxe para ver os xogos populares con material de refugallo. 

Contido multimedia

Descargar Xogos populares 23-24.mp4 [59.74MB]
Details