CARTAS VAN E VÉN

Neste curso 23/24 o alumnado do noso centro segue a ter contacto por carta cos nosos amigos do CEIP Pérez Viondi na Estrada. Eles felicitáronnos o Samaín e os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria enviámoslle unhas postais para desexarlles bo Nadal, e aínda tiveron tempo de contestarnos! Continuaremos en contacto xa que nos gusta moito saber o que fan no seu centro.