Texto

O lema do programa de Voz Natura do presente curso é FAUNA E FLORA AUTÓCTONAS, polo que a maioría das actividades que levamos a cabo no colexio do Agro están relacionadas con esta temática. Por esta razón os rapaces e rapazas de 5ºA de Infantil están a realizar un herbario.

Con esta actividade os nenos e nenas aprenden a recoñecer plantas da contorna, os seus usos, a maneira correcta de cortar, secar e prensar as plantas recolectadas...

Fai click na seguinte imaxe para poder desfrutar dunha breve mostra do traballo realizado por estes e estas entusiastas rapaces e rapazas ( por cuestións de dereitos de imaxe, o seguinte vídeo só é da aula de 5ºA de Infantil) .

Contido multimedia

Descargar herbolario_4 anos A_23-24.mp4 [48.19MB]
Details