Alumnado do noso centro participa no VII Concurso para o deseño do cartel para celebrar o 8M. É un concurso cuxa finalidade é visibilizar a contribución das mulleres nos distintos ámbitos, reflexionar sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e orixe da discriminación de xénero, o camiño que tiveron que percorrer as mulleres para ver recoñecidos os dereitos.
Non te perdas as súas propostas!