DESFRUTAMOS PLANTANDO...4ºA PRIMARIA

O coidado dun invernadoiro escolar axuda a educar aos rapaces e rapazas no coidado e respecto cara ao medio ambiente, contacto coa natureza...

No Agro parécenos importante educar na responsabilidade e respecto ao medio ambiente e somos conscientes da relevancia que cobra a natureza nas nosas vidas. Por estas razóns é que levamos a cabo accións que teñen por obxecto tomar consciencia e coidar a natureza, partindo da nosa contorna.

 Como contamos cun pequeno invernadoiro escolar,  os rapaces e rapazas de 4ºA de Primaria puideron desfrutar plantando leitugas, acelgas, remolacha, coliflor, brecolí, repolo, alloporro... 

A partir da plantación comeza o traballo duro e novas responsabilidades. Por exemplo, cando vaian ao invernadoiro será: mirar se é preciso regar,  recoñecer e arrincar as malas herbas, observar o crecemento das plantas, detectar a aparición de plagas... 

 

Se queres ver o que andan a facer no invernadoiro e nos seus arredores os de 4º A  clica na imaxe.

PORTADA DO VÍDEO: DESFRUTAMOS PLANTANDO...4ºA PRIMARIA

Details

VÍDEO: DESFRUTAMOS PLANTANDO...4ºA PRIMARIA

Descargar PLANTACIÓN 4º A.mp4 [27.5MB]
Details