O HERBARIO DO AGRO
Comezou o curso e o equipo de Dinamización tiña moitas ideas relacionadas coa temática Flora e Fauna Autóctonas, entre elas era a elaboración dun herbario. Para levalo a cao precisamos da colaboración das familias e, como sempre, demostraron estar ben dispostas.
Entón, os nenos e nenas do Agro saíron ao campo con pais, nais, avós, avoas, tíos, tías... Recolleron plantas da súa contorna e investigaron os usos tradicionais das mesmas.
Son interesantes algúns dos usos que teñen algunhas das especies que forman parte do Herbario do Agro.
Con moito pracer comparten con vós o que descubriron das pantas que recolleron . Que especies atoparon? Que uso lle daban os avós e avoas?
Clica no vídeo se o queres descubrir.