EXPOSICIÓN DO ANIMAL E DA PLANTA DA SEMANA
O proxecto deste curso foi A FLORA E FAUNA AUTÓCTONA, por esta razón decidimos realizar durante todo o curso unha exposición con plantas e animais de Galicia. Esta era itinerante porque cada semana a íamos rotando seguindo o sentido das agullas do reloxo tendo en conta as catro entradas (a porta principal, as aulas novas, a pasarela e as mariolas. Desta maneira todo o alumndado podía descubrir cada semana unha especie diferente (de plantas e de animais)
Cada aula buscou un animal e unha planta de Galicia e aprenderon a distiguir a flora e fauna autóctonas das especies foráneas, sorprendéndose en algúns casos porque están acostumados a velas na súa contorna e pensaban que eran especies autóctonas.
Ao longo de todo o curso expuxemos algunhas especies de plantas de uso tradicional como a ruda, a menta... ou arbustos como o toxo, a xesta, as silvas... tamén ábores como o teixo, o castiñeiro, a aveleira, o carballo...
E tamén animais como o raposo, o esquío, a bubela, o moucho, a donicela...
Clica na imaxe e desfrutarás da exposición de Flora e Fauna do Agro.